A historia de Moaña

Cada vila ten a súa historia, o seus entorno natural e social, o seu patrimonio artístico… Coñecer todos estes aspectos do lugar onde vives é fundamental para comprender mellor o seu pasado e o seu presente. Fortalecer a identidade cultural dende a primeira infancia tamén axuda a un desenvolvemento integral máis positivo, pois axuda a fortalecer a autoestima, a desenvolver o autoconcepto…

Por iso na ludoteca imos coñecer un pouco de historia, de patrimonio, de costumes… de Moaña mediante xogos e investigacións. Así:

  • Luns 18: PREHISTORIA: DÓLMENES E CASTROS (mural e obradoiro).
  • Martes 19: IDADE MEDIA: IGREXAS E CAPELAS (mural e obradoiro).
  • Mércores 20: IDADE MODERNA: BATALLA DE RANDE (mural e xincana).
  • Xoves 21: MOAÑA NO SÉCULO XX: O BAILE DO LESTÓN (mural e bailes).
  • Venres 22: O SÉCULO XXI: MOAÑA E ARTE (mural e obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).