A paz mundial
O 30 de xaneiro celébrase a nivel mundial o Día da PAZ. Durante a semana próxima imos conmemorar na ludoteca este día, promovendo unha cultura de non violencia e paz, educando en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e, sobre todo, o respecto aos Dereitos Humanos.
Así, mediante obradoiros e dinámicas, aprenderemos a importancia da paz nas nosas vidas:
- Luns 25: ADORNOS DE POMBAS DE CORES (obradoiro).
- Martes 26: MARCAPAZ-XINAS (obradoiro).
- Mércores 27: VISEIRAS POLA PAZ (obradoiro).
- Xoves 28: “IMAGINE” (minilibro).
- Venres 29: BINGO DA PAZ (dinámica cooperativa).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).