Novas

20 Feb
0

Do 20 ao 24 de febreiro O ENTROIDO

Do 20 ao 24 de febreiro O ENTROIDO

DE 09:00 A 14:00 HORAS

  • LUNS 20 DE FEBREIRO: COMPARSA LUDOFESTEIROS
  • MARTES 21 DE FEBREIRO: ANTIFACES DE ANIMAIS
  • MÉRCORES 22 DE FEBREIRO: DESFILE DE DISFRACES

DE 16:00 A 20:00 HORAS

  • XOVES 23 DE FEBREIRO: RECEITAS DE ENTROIDO
  • VENRES 24 DE FEBREIRO: BOLSA PARA CARAMELOS

Ler máis...
13 Feb
0

O Rei Arturo e os cabaleiros da mesa redonda

O Rei Arturo e os cabaleiros da mesa redonda

A lenda do rei Arturo comezou hai moitos anos pero a súa mensaxe perdura ata a actualidade. Sucedeu en Gran Bretaña cando os castelos estaban rodeados de serventes, princesas, reis e raíñas. Nela se narra a historia dun rei que descubriu o seu sangue real cando xa era mozo grazas a ser o único capaz de sacar dunha pedra á espada Excálibur. Despois ter que demostrar que era o verdadeiro rei, gozou de anos de reinado no que defendeu ao seu pobo de xeito valente e astuto, gañando así a confianza das súas xentes. 

Na ludoteca empregaremos esta lenda para aprender sobre a verdade, a mentira e a valentía a través de diferentes dinámicas, xogos e obradoiros. 

  • Luns 13: QUEN FOI O REI ARTURO? (mural informativo).
  • Martes 14: EXCALIBUR (obradoiro).
  • Mércores 15: CONTO DO REI ARTURO (animación á lectura).
  • Xoves 16: O MAGO MERLÍN (obradoiro e maxia).
  • Venres 17: DISFRACE DE CABALEIRO (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
06 Feb
0

A cor como código de comunicación

A cor como código de comunicación

A través da cor podemos comunicar, transmitir información, expresar sentimentos ou estados de ánimo, estimular ou deprimir, crear alegría ou tristeza, crear sensacións… As cores, polo tanto, teñen o seu simbolismos e significado e mediante o xogo imos coñecelo na ludoteca: 

Luns 6: VERMELLO: AMOR E EMOCIÓN (collage).
Martes 7: BRANCO E NEGRO: OCA VIAL (oca vial).
Mércores 8: AZUL E VERMELLO: VISTA 3D (obradoiro).
Xoves 9: ARCO DA VELLA: DIVERSIDADE (obradoiro).
Venres 10: VERDE: ESPERANZA (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
01 Feb
0

Descubre Moaña no inverno 2023

Descubre Moaña no inverno 2023

Incluirá seis rutas que foron moi ben valoradas polos asistentes en anos anteriores.

Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña. As rutas que se levarán a cabo nesta ocasión serán A Moaña mariñeira, San Martiño, Canteiras do litoral de Moaña, Mulleres da historia de Moaña, Sendeiro da Fraga, e a A Poza da Moura de Domaio.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.


Ler máis...
31 Xan
0

Habitar o peri urbano, as rúas azuis.

Habitar o peri urbano, as rúas azuis.

Agardámosvos o vindeiro día 3 ás 19.30 no salón de plenos do Concello de Moaña para falar sen complexos de espazo público para as persoas, e así avanzar nesta temática cara un proxecto de vila máis humana da man de fantásticas persoas relatoras. 

Todas as achegas e opinións serán benvidas.


Ler máis...
30 Xan
0

Educamos para a paz

Educamos para a paz

A paz consiste en ser persoas solidarias, en non facer dano a ninguén, en tratar ben á xente… Esta pode ser unha boa definición para explicar ás crianzas que significa a palabra paz. E para conseguir este obxectivo, na ludoteca mediante xogos e dinámicas traballaremos o respecto, o amor, a valentía, a liberdade, a cooperación…

  • Luns 30: UNHA AVE PARA A PAZ (animación á lectura).
  • Martes 31: FRASES FAMOSAS PAR A PAZ (mural).
  • Mércores 1: CONSTRUÍNDO A PAZ I (dinámica torre xigante).
  • Xoves 2: CONSTRUÍNDO A PAZ II (continuación).
  • Venres 3: SEMÁFORO DA PAZ (mural de palabras).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
23 Xan
0

Reciclando botellas e envases de plástico

Reciclando botellas e envases de plástico

A reciclaxe é un proceso polo que se transforma un material de desfeito outro de utilidade. 

Reutilizar é darlle unha segunda vida aos materiais ou obxectos antes de tiralos, alargando así a súa vida útil, aproveitando as súas propiedades ao máximo e reducindo, ao tempo, os residuos.

Ensinar ás nosas crianzas a reutilizar e a reciclar é fundamental para lograr un cambio mundial respecto á protección do medio ambiente e para minimizar a produción de lixo. Por iso na ludoteca imos dedicar toda a semana a aprender a reutilizar e reciclar dun xeito divertido: 

  • Luns 23: CABALIÑO MONICREQUE (obradoiro).
  • Martes 24: PALLIÑAS VOADORAS (obradoiro).
  • Mércores 25: PINGÜÍNS (obradoiro).
  • Xoves 26: RÁ CON VASOS DE IOGUR (obradoiro).
  • Venres 27: CASIÑAS DE PAXAROS (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
16 Xan
0

Os medios de transporte

Os medios de transporte

Os medios de transporte son aqueles vehículos encargados de trasladar persoas e mercancías dun lugar a outro. Comprender as distintas modalidades nas que se pode trasladar a unha persoa axudaralles ás crianzas a despertar a súa curiosidade e a desenvolver a súa propia independencia. 

  • Luns 16: TERRA, MAR E AIRE (obradoiro).
  • Martes 17: O TREN DOS XOGOS (xogo de probas).
  • Mércores 18: O AVIÓN (obradoiro).
  • Xoves 19: A AMBULANCIA (obradoiro).
  • Venres 20: O GLOBO (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
09 Xan
0

Pasatempos

Pasatempos

Na ludoteca retomamos hoxe a actividade co horario habitual de tardes facendo pasatempos. A realización de pasatempos de diferentes tipos axuda ás crianzas a desenvolver as súas habilidades e a descubrir os seus talentos, ademais de favorecer o desenvolvemento da súa personalidade:

  • Luns 9: PASATEMPOS DE PAPEL (pasatempos clásicos).
  • Martes 10: OCA XIGANTE (xogo da oca a gran tamaño).
  • Mércores 11: XOGUETEANDO (obradoiro).
  • Xoves 12: XOGOS DO PASADO (sesión de xogos).
  • Venres 13: COMO PASA O TEMPO? (obradoiro de reloxo).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
19 Dec
0

LUDONADAL

LUDONADAL

23 VENRES – DECEMBRO
“PESADELO ANTES DO NADAL” (Xincana de probas).

26 LUNS – DECEMBRO
XOGUETES DE NADAL (Teremos xoguetes novos para a ludoteca?).

27 MARTES – DECEMBRO
“CONTO DE NADAL” (Animación á lectura).

28 MÉRCORES – DECEMBRO
“O GRINCH” (Obradoiro para adornar).

29 XOVES – DECEMBRO
“POLAR EXPRESS” (Obradoiro de tarxeta).

30 VENRES – DECEMBRO
“SOL@EN CASA (Obradoiro de papel colgante).

Inscricións: 986.31.50.38 (tardes)

Ler máis...
Ir o contido