Non me vistas de rosa, quero ser morada
O día 8 de marzo se celebra o Día da Muller Traballadora. Actualmente nos parece normal que as mulleres estuden, digan o que pensan, participen en diferentes actividades, xoguen en igualdade ou escollan sobre o seu futuro. Pero ao longo da historia isto non foi sempre así, e incluso hai países onde aínda non é unha realidade en pleno século XXI. Esta semana imos dedicala ao papel da muller na sociedade e, empregando a música como fío condutor, aprenderemos a valorar o papel da muller na historia pasada, no presente e no futuro. Así:
- Luns 6: ROSA E AZUL (canción e retrato colectivo).
- Martes 7: “SOY YO” (canción e dinámica de autoestima).
- Mércores 8: DÍA DA MULLER TRABALLADORA (canción e obradoiro).
- Xoves 9: “LOS DÍAS DE LA SEMANA” (canción e dinámica igualdade).
- Venres 10: “RESPECT” (canción e coreografía).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).