Subvención para custos de dotación de persoal para tarefas de información en oficinas de turismo.
A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 27.05.2022 concedeu a este Concello unha subvención de 6.090,00 €, equivalente ao 64,53% do custo da contratación dun servizo para a realización de tarefas de información na oficina de turismo.
Esta subvención concédese ao abeiro das “Bases reguladoras para a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento dos custos da prestación de servizos de Información e atención ao público en oficinas de turismo adheridas á rede de oficinas de turismo info Rías Baixas correspondentes ao ano 2022” (BOPPO nº 60 do 28 de marzo de 2022).