O Rei Arturo e os cabaleiros da mesa redonda

A lenda do rei Arturo comezou hai moitos anos pero a súa mensaxe perdura ata a actualidade. Sucedeu en Gran Bretaña cando os castelos estaban rodeados de serventes, princesas, reis e raíñas. Nela se narra a historia dun rei que descubriu o seu sangue real cando xa era mozo grazas a ser o único capaz de sacar dunha pedra á espada Excálibur. Despois ter que demostrar que era o verdadeiro rei, gozou de anos de reinado no que defendeu ao seu pobo de xeito valente e astuto, gañando así a confianza das súas xentes. 

Na ludoteca empregaremos esta lenda para aprender sobre a verdade, a mentira e a valentía a través de diferentes dinámicas, xogos e obradoiros. 

  • Luns 13: QUEN FOI O REI ARTURO? (mural informativo).
  • Martes 14: EXCALIBUR (obradoiro).
  • Mércores 15: CONTO DO REI ARTURO (animación á lectura).
  • Xoves 16: O MAGO MERLÍN (obradoiro e maxia).
  • Venres 17: DISFRACE DE CABALEIRO (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).