Novas

27 Mar
0

Roteiros musicados PAISAXE SONORA

Roteiros musicados PAISAXE SONORA

Coa Fundación Legar

02 de abril
Rialdarca: As dúas Moañas

21 de maio
Meira: Val dos regatos

25 de xuño
Tirán: A costa animada

30 de xullo
O río da Fraga: O río grande

26 de agosto
A Fontiña: Vixiando o mar

Horario de 09.30 a 13.30 h
Prazas limitadas a 40 persoas por ruta
Inscrición previa no Whatsapp
622 832 227

Ler máis...
23 Mar
0

Descubre MOAÑA na primavera

Descubre MOAÑA na primavera

Rutas guiadas de balde

ABRIL
as 10:30h. SÁBADO 01 SAN MARTIÑO
as 10:30h. BOMINGO 09 A MOAÑA MARIÑEIRA
as 10:30h. SÁBADO 22 A POZA DA MOURA DE DOMAIO
as 10:30h. DOMINGO 30 RUTA LITERARIA “O ÚLTIMO BARCO”

MAIO
as 10:30h. SÁBADO 13 SAN MARTIÑO
as 10:30h. SÁBADO 20 CANTEIRAS DO LITORAL DE MOAÑA
as 10:30h. BOMINGO 21 SENDEIRO DA FRAGA
as 10:30h. DOMINGO 28 A POZA DA MOURA DE DOMAIO

XUÑO
as 10:30h. BOMINGO 04 HISTORIA DAS RÚAS DE MOAÑA NOVA
as 10:30h. BOMINGO 11 SENDEIRO DE RIALDARCA
as 10:30h. DOMINGO 18 A TORRE DE MEIRA NOVA

Ler máis...
20 Mar
0

Enredando coa primavera

Enredando coa primavera

E así, sen darnos conta, xa chegou a primavera. A estación do ano na que a temperatura sube, os días son máis longos, brotan novas follas nas árbores, abren as flores, estamos con máis ánimo… E na ludoteca queremos tamén facer un cambio de decorado, obradoiros e xogos para festexar este cambio de estación. Así: 

  • Luns 20:  DECORAMOS A LUDOTECA (decoración). 
  • Martes 21: FLORES DE CARTÓN (obradoiro decoración). 
  • Mércores 22: MACETEIROS (obradoiro).
  • Xoves 23: XOGOS DE PRIMAVERA NO EXTERIOR (xogos
  • Venres 24: FESTA DA PRIMAVERA: OBRADOIRO DE DISFRACES DE FLORES (festa e obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
17 Mar
0

RECHOUCHÍOS 2023

RECHOUCHÍOS 2023

Actividades para público infantil e familiar.

MARZO E ABRIL 2023

Volven os Rechouchíos con actividades de maxia, contacontos teatralizados, contacontos ilustrados, monicreques e música en directo que se van realizar nas tardes dos venres ás 18.00 h desde o 17 de marzo ata o 28 de abril de 2023 nos diferentes locais socioculturais do concello repartidos polas parroquias.

Ler máis...
13 Mar
0

Video Actuacións para a Pronoción da Igualdade

Video Actuacións para a Pronoción da Igualdade

Ler máis...
13 Mar
0

Mitoloxía

Mitoloxía

A mitoloxía é o conxunto de relatos ou mitos relacionados cunha cultura ou relixión determinada e co que na antigüidade se pretendía dar explicación a diversos sucesos naturais, atmosféricos ou emocionais e para os que as persoas a veces non atopaban razóns lóxicas. E que mellor que xogar para coñecer as historias destes heroes, heroínas, deuses, deusas, animais… da mitoloxía universal?

  • Luns 13: PERSOAXES DE LENDAS DE GALICIA (mural).
  • Martes 14: CREA O TEU MONSTRO MITOLÓXICO (obradoiro).
  • Mércores 15: A CAIXA DE PANDORA (videoconto e obradoiro).
  • Xoves 16: MITOLOXÍA CLÁSICA (obradoiro).
  • Venres 17: XOGO: O PANTEÓN OLÍMPICO (xogo de probas e preguntas).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
07 Mar
0

Subvención para custos de dotación de persoal 

Subvención para custos de dotación de persoal para tarefas de información en oficinas de turismo.

A  Deputación  Provincial  de  Pontevedra,  mediante  acordo  da  súa  Xunta de Goberno  de   data  27.05.2022  concedeu   a este  Concello   unha  subvención de  6.090,00 €,  equivalente ao 64,53%  do custo da  contratación  dun servizo para a realización de tarefas de información na oficina de turismo.

Esta subvención concédese  ao abeiro das “Bases reguladoras para a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o financiamento dos  custos  da prestación de servizos  de Información  e atención ao público en oficinas  de  turismo adheridas  á  rede  de  oficinas  de  turismo info Rías Baixas correspondentes ao ano 2022” (BOPPO nº 60 do 28 de marzo de 2022).

Ler máis...
06 Mar
0

Non me vistas de rosa, quero ser morada

Non me vistas de rosa, quero ser morada

O día 8 de marzo se celebra o Día da Muller Traballadora. Actualmente nos parece normal que as mulleres estuden, digan o que pensan, participen en diferentes actividades, xoguen en igualdade ou escollan sobre o seu futuro. Pero ao longo da historia isto non foi sempre así, e incluso hai países onde aínda non é unha realidade en pleno século XXI. Esta semana imos dedicala ao papel da muller na sociedade e, empregando a música como fío condutor, aprenderemos a valorar o papel da muller na historia pasada, no presente e no futuro. Así:

  • Luns 6: ROSA E AZUL (canción e retrato colectivo).
  • Martes 7: “SOY YO” (canción e dinámica de autoestima).
  • Mércores 8: DÍA DA MULLER TRABALLADORA (canción e obradoiro).
  • Xoves 9: “LOS DÍAS DE LA SEMANA” (canción e dinámica igualdade).
  • Venres 10: “RESPECT” (canción e coreografía).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
28 Feb
0

21 DÍAS EN GALEGO. Do 1 ao 21 de marzo vive as 24 horas na nosa lingua.

21 DÍAS EN GALEGO. Do 1 ao 21 de marzo vive as 24 horas na nosa lingua.

Chega a V Edición da Campaña 21 DÍAS EN GALEGO na que se involucran todos os centros educativos de Moaña. A infancia, a rapazada e a mocidade propuxéronse usar a nosa lingua ata o 21 de marzo como un reto para adquirir un novo hábito e mergullárense de cheo no uso da nosa lingua.

Desde o Concello animamos a toda a viciñanza a arroupar e acompañar a nosa comunidade educativa no seu camiño para “capacitarse” en galego e, de paso, atoparse consigo mesma e darlle uso e utilidade ao idioma.

Aspiramos a que os 21 DÍAS EN GALEGO se convertan no estímulo que incremente a presenza da nosa lingua entre a xente nova durante todo o ano contribuíndo a preservar o noso principal sinal de identidade ao deixar un legado para o futuro.

Ler máis...
27 Feb
0

B.S.O. Bandas sonoras orixinais

B.S.O. Bandas sonoras orixinais

A música favorece o intercambio comunicativo entre as crianzas e tamén axuda ao desenvolvemento de funcións psicolóxicas básicas: atención, memoria, percepción visual e auditiva… As Bandas Sonoras Orixinais de películas infantís teñen un impacto sorprendente nas crianzas, pois soen ser moi atractivas, rítmicas e fascinantes. -na ludoteca empregaremos a música de películas diferentes para facer obradoiros, caretas, coreografías e unha divertida xincana.

  • Luns 27: A HISTORIA INTERMINABLE (obradoiro).
  • Martes 28: O REI LEÓN (obradoiro caretas).
  • Mércores 1: PARQUE XURÁSICO (obradoiro).
  • Xoves 2: GREASE (coreografías).
  • Venres 3: E.T. (xincana).

Ir o contido