Saúde e alimentación
A saúde inclúe o benestar físico, mental e social. O autocoidado, a prevención, a hixiene, o deporte… son esenciais para ter unha vida sa e activa. A alimentación saudable é aquela que nos proporciona os nutrintes que o corpo precisa para o bo funcionamento do organismo, para a conservación da saúde, para minimizar o risco de enfermidades… Dada a importancia destes aspectos para calquera momento da nosa vida, dedicaremos esta semana a xogar para aprender sobre saúde e alimentación.
- Martes 12: PREVENCIÓN E PRIMEIROS AUXILIOS (guía).
- Mércores 13: SESIÓN MINDFULNESS (sesión de relaxación).
- Xoves 14: ALIMÉNTATE RICO! (pirámide dos alimentos).
- Venres 15: XINCANA SAUDABLE (xincana de xogos).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).