Unha actividade para cada conto

Ler é moi importante. A lectura axuda ás crianzas a desenvolver a súa imaxinación e a aprender sobre o mundo que os rodea. Ademais lles permite mellorar o seu vocabulario e riqueza lingüística, a súa memoria e a concentración. Todo contribúe a unha maior axilidade mental e ao aumento da súa cultura. E para facer que ler sexa moi divertido, esta semana imos facer unha lectura diferente cada día e unha actividade relacionada co contido do conto:

  • Luns 17: O LIBRO DOS PORCOS (lectura e dinámica de igualdade).
  • Martes 18: A LEBRE E A TARTARUGA (lectura e xogos).
  • Mércores 19: O ZOO DE XOQUÍN (lectura e obradoiro).
  • Xoves 20: LEOTOLDA (lectura e debuxo con luz negra).
  • Venres 21: O GATO LAMBÓN (lectura e marcapáxinas).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).