Xogamos a aprender matemáticas

As matemáticas están presentes no noso día a día, polo que se debe amosar dende a infancia a súa beleza e como conforman o noso mundo. Estas son fundamentais para o desenvolvemento intelectual da rapazada, mais tamén serven para formar en valores: enfrontándose aos problemas de maneira lóxica, favorecendo a comprensión e expresión mediante o uso de símbolos, buscando exactitude nos resultados… Esta semana divertirémonos cos números en todas as súas formas, demostrando que o ocio e as matemáticas son máis que compatibles!

  • Luns 24: XOGOS MATEMÁTICOS (selección de xogos de mesa).
  • Martes 25: DADOS MULTICARAS (obradoiro).
  • Mércores 26: BINGO LUDO! (bingo de acertixos e probas matemáticas).
  • Xoves 27: TUTTI FRUTTI MATEMÁTICO (competición sobre conceptos e probas matemáticas).
  • Venres 28: XINCANA DOS NÚMEROS (xogos e probas por equipos).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).