Novas

13 Mai
0

Campamento verán 2022

Campamento verán 2022

Lista de admitidas nos Campamentos de verán 2022

PULSAR PARA VER OU DESCARGAR PDF

Lista de agarda Campamento de verán 2022

PULSAR PARA VER OU DESCARGAR PDF

Ler máis...
13 Mai
0

Moaña lúdica

Moaña lúdica

Lista de admitidas na actividade Moaña Lúdica

PULSAR PARA VER OU DESCARGAR PDF

Lista de agarda actividade Moaña Lúdica

PULSAR PARA VER OU DESCARGAR PDF

Ler máis...
09 Mai
0

Educación viaria

Educación viaria

A seguridade viaria encárgase de previr e minimizar os danos e efectos procedentes dos accidentes de tráfico. Os semáforos, os sinais ou os pasos de peóns son algúns de eses elementos que loitan pola seguridade viaria de todos e todas as cidadáns. Esta semana, na ludoteca, queremos que os rapaces e rapazas se convertan en verdadeiros expertos da seguridade viaria mediante as diferentes actividades que se levarán a cabo.                               

  • Luns 9: COÑECEMOS OS SINAIS (obradoiro e xogo).
  • Martes 10:  CIRCULANDO POLA LUDOTECA (circuíto viario).
  • Mércores 11:  XINCANA VIARIA (xogo).
  • Xoves 12: O SEMÁFORO (obradoiro).
  • Venres 13: ATENCIÓN AO SINAL (conto e obradoiro).

LUNS 11: Coñecemos as sinais (explicación e obradoiro)
MARTES 12: Circulando pola ludoteca (circuito)
MÉRCORES 13: Xincana vial (xogo)
XOVES 14: Atento á sinal (obradoiro)
VENRES 15: O semáforo (obradoiro

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
06 Mai
0

Comeza o certamen de tapas con música MOAÑA DE TAPA EN TAPA

Comeza o certamen de tapas con música MOAÑA DE TAPA EN TAPA

Ler máis...
02 Mai
0

A historia do deporte

A historia do deporte

Se temos que datar o concepto de “deporte” tal e o coñecemos hoxe en día, podemos dicir que nace en Inglaterra no século XVIII da man de Thomas Arnold, un recoñecido pedagogo que tamén destacou no atletismo. Ademais, Thomas Arnold, foi o encargado de regulamentar algúns dos deportes que coñecemos como o rugby, a carreira ou o fútbol. 

O deporte, por outro lado, axuda ás persoas a manter un peso saudable e reducir o risco de moitas enfermidades. Por iso, esta semana na ludoteca, queremos que os nenos e nenas se convertan en auténticos deportistas.                                                         

  • Luns 2: BALONCESTO (obradoiro e xogo).
  • Martes 3:  FÚTBOL (obradoiro e xogo).
  • Mércores 4:  TENIS (obradoiro e xogo).
  • Xoves 5: LUDO E TECA FAN IOGA (obradoiro e xogo).
  • Venres 6: XOGOS POPULARES (obradoiro e xogo).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
25 Abr
0

Un paseo polo espazo

Un paseo polo espazo

Neil Amrstrong ou Yuri Gagarin foron dous grandes e coñecidos astonautas xa que lograron poñer o pe sobre a Lúa. Nós, na ludoteca, queremos que esta semana sexan  os nenos e nenas os que se convertan en astronautas e voen alto cara á Lúa. Sentade, abride os ollos e axustade os cintos que despegamos!

  • Luns 25: A LÚA (obradoiro).
  • Martes 26:  ROCKET MAN (obradoiro).
  • Mércores 27:  O SISTEMA SOLAR (obradoiro).
  • Xoves 28: TRANSPORTE PARA IR AO ESPAZO (obradoiro).
  • Venres 29: PLANISFERIO (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
18 Abr
0

Contos para ler…

Contos para ler…

Xa rematan as vacacións de Semana Santa e na ludoteca a partir de mañá recuperaramos o noso horario habitual de apertura polas tardes: de 16:00 a 20:00 horas. 

O próximo sábado, 23 de abril, conmemórase o Día do Libro. Con este día preténdese fomentar a lectura xa que este hábito permite desenvolver os pensamentos cognitivos e interactivos dos nenos e nenas ademais de enriquecer a súa linguaxe e a súa creatividade. Por isto, dende a ludoteca, queremos traballar durante a semana diversidade de contos, de maneira que floreza o interese dos nenos e nenas pola lectura e, ademais, se sintan protagonistas das historias.

  • Martes 19: . CONTOS PARA LER, VER E FACER (crear o seu conto).
  • Mércores 20: CONTOS PARA LER SOBRE A SEXUALIDADE (conto e obradoiro).
  • Xoves 21: CONTOS PARA LER ANTES DE DURMIR (contos).
  • Venres 8: CONTOS PARA LER E MORRER DE RISA (conto e actividades).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
11 Abr
0

A Pascua

A Pascua

A Pascua significa a chegada das tan desexadas vacacións de primavera. Moitos rapaces e rapazas esperan que chegue un coello cunha cesta chea de ovos de chocolate, outros/as simplemente queren xogar e non ter que ir a clase, e incluso hai quen quere as dúas cousas. Por iso, na ludoteca faremos durante estes días diferentes obradoiros que farán gozar das vacacións a todos os nenos e nenas. O horario de apertura será de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, e é imprescindible reservar antes a asistencia:

  • Luns 11: COELLOS DE PASCUA (obradoiro).
  • Martes 12: TARXETAS (obradoiro).
  • Mércores 13: CAIXIÑA PARA OS OVOS (obradoiro).
  • Xoves 7: PECHADO. FESTIVO
  • Venres 8: PECHADO. FESTIVO
  • Luns 18: DEBUXO EN SOMBRA (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
04 Abr
0

Os primeiros exploradores e exploradoras

Os primeiros exploradores e exploradoras

Un explorador ou exploradora é aquela persoa que explora, examina, investiga e descubre unha cousa ou un sitio.

Cristobo Colón, quen descubriu América no 1492; Rosalind Franklin, que contribuíu á investigación da estrutura do ADN en 1952; ou Darwin, que aportou a teoría da evolución en 1859…  son algúns dos exploradores/as máis coñecidos da historia polos experimentos que aportaron á humanidade.

O coñecemento dos diferentes autores e autoras permite que os nenos e nenas sexan conscientes de onde saen cada unha das cousas que empregan no seu día a día ademais de poder converterse en exploradores e exploradoras coas diferentes actividades que se levarán a cabo na ludoteca a próxima semana:

  • Luns 4: EXPLORAMOS A CIENCIA (obradoiro).
  • Martes 5: EXPLORAMOS A NATUREZA (obradoiro)
  • Mércores 6: EXPLORAMOS O CORPO (obradoiro).
  • Xoves 7: EXPLORAMOS O MUNDO (obradoiro).
  • Venres 8: EXPLORAMOS AS EMOCIÓNS (xogo).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
28 Mar
0

Vivir sen plásticos

Vivir sen plásticos

A información que coñecemos sobre o tempo que tarda en descompoñerse o plástico ten que facernos reflexionar sobre o que compramos e consumimos a diario, e sobre como afecta a nosa conduta ao planeta. Existen unha serie de hábitos que podemos mellorar e que teñen que ver coa redución do uso de plástico en actividades cotiás: cando imos a facer a compra, para a conservación de alimentos, para gardar a merenda, os xogos e xoguetes que escollemos… Na ludoteca faremos fincapé na importancia desta redución de plástico, en alternativas sostibles e incluso na opción da reciclaxe. Así: 

  • Luns 28: ONDE VAN OS PLÁSTICOS (mural da reciclaxe  ).
  • Martes 29: MELLOR SEN PLÁSTICOS (xogo de mesa).
  • Mércores 30: XOGUETE DE CARTÓN (obradoiro).
  • Xoves 31: CONCIENCIANDO (xogo de mesa).
  • Venres 1: BAIXO O MAR (obradoiro).

Ir o contido