Novas

13 Set
0

Hora de aventuras

Hora de aventuras

A Ludoteca de Moaña reabre este curso escolar adaptándose de novo á normativa vixente e pensando sempre na seguridade dos seus socios e socias. Co protocolo en vixencia relativo ás medidas hixiénico-sanitarias recomendadas polos organismos competentes, se readaptaron espazos, medidas de hixiene e limpeza, normas de asistencia…

A ludoteca seguirá sendo un espazo educativo no que as crianzas aprenden ao mesmo tempo que xogan. O xogo permitiralles aprender e fortalecer habilidades sociais, traballar coas emocións, favorecer a comunicación e a socialización, fortalecer a autoestima e autonomía, fomentar a empatía… 

Para lograr estes obxectivos, traballaremos cada semana cunha temática diferente e a través de pequenos proxectos: educación emocional, medio ambiente, cultura, tradicións, música, arte… 

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude, que se poden solicitar na ludoteca con cita previa. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Este curso escolar o iniciamos o LUNS 13 de setembro no horario habitual de apertura: de 16.00 a 20.00 horas.

Con esta primeira semana chega a HORA DE AVENTURAS, de xogar, de rir, de prepararse para o cole, de coñecer novos xogos e volver a xogar aos coñecidos… 

  • Luns 13: VOLTA Á LUDO (xogos).
  • Martes 14: ORGANIZADOR DE ESCRITORIO (obradoiro). 
  • Mércores 15: XOGOS DE MESA TRADICIONAIS (xogos).
  • Xoves 16: XOGOS DE MESA MODERNOS (xogos).
  • Venres 17: OBRADOIRO (obradoiro).

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
09 Set
0

Formación para calquera youtubeir@: Posicionamento e Youtube

Formación para calquera youtubeir@: Posicionamento e Youtube

IMPARTE: Adrián Suárez, doutor en Comunicación Dixital e mestre nas universidades UNIR, CESUGA e na escola de negocios EBF. Suma máis de dez anos de experiencia traballando para varias webs e empresas nas que desenvolve labores de posicionamiento dixital e de comunicación.

DATA: 17 de setembro ás 18.30 horas.

DURACIÓN: 2 horas.

DESCRICIÓN: Como consigo que un vídeo de Youtube sexa moi visto? Como podo saber cal é o mellor título para o meu vídeo? E como podo conectalo cunha estratexia de comunicación a longo prazo? De maneira directa, sinxela e profunda ofreceranse trucos para que os vídeos de Youtube aparezan en Google, destaquen sobre os demais e funcionen nas redes.

QUERES INCRIBIRTE NESTA FORMACIÓN? Enche este formulario antes do día 14 de setembro (prazas limitadas).

Ler máis...
03 Set
0

Feria Ecoartesá de Moaña

Feria Ecoartesá de Moaña

Domingo 12 de septembro de 11.00 a 21.00 no contornado palco da música.
Mostra de productos ecolóxicos, artesáns e de agricultura sustentable.

Ler máis...
02 Set
0

Reiniciando o verán na ludo

Reiniciando o verán na ludo

Mañá reabrimos a ludoteca despois de tanto tempo!!! 

E para rematar o verán con bo sabor de boca, temos programadas as seguintes actividades:

  • Xoves 2: REFUGALLOS (obradoiro).
  • Venres 3: XOGOS DE PATIO (xincana no patio).
  • Luns 6: BIBLIOXARDÍN (obradoiro e xogos con contos).
  • Martes 7: MÁSCARA DE DINOSAURIO (obradoiro).
  • Mércores 8: SURFEANDO (obradoiro e xogos).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
30 Ago
0

Descubre MOAÑA no outono

Descubre MOAÑA no outono

Rutas guiadas de balde.

Descargar PDF Rutas guiadas

Imaxe rutas guiadas no outono

Ler máis...
06 Ago
0

Enquisa Para A Elaboración Do Plan De Acción Para O Clima E A Enerxía Sostible (Paces)

Enquisa PACES á veciñanza de Moaña

Precisamos coñecer a opinión da veciñanza moañesa en diferentes materias mediombientais, para iso precisamos que cubrades este formulario ao que podedes acceder de forma dixital no seguinte enlace: https://forms.gle/36KfhkBgPcYyyh6m6

Ler máis...
13 Xul
0

Subvención para custos de dotación de persoal para tarefas de información en oficinas de turismo.

Subvención para custos de dotación de persoal para tarefas de información en oficinas de turismo.

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 26.03.2021 concedeu a este Concello unha subvención de 5.857,03 €, equivalente ao 75% do custo da contratación, para a contratación dunha persoa para a realización de tarefas de información na oficina de turismo.

Esta subvención concédese  ao abeiro “Bases reguladoras das subvencións en concorrencia competitiva para o financiamento dos custos da dotación de persoal para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo adheridas á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas do ano 2021”. (BOPPO nº 27 de 10 de febreiro de 2021) 

Ler máis...
13 Xul
0

Subvención Liña 3. Plan Concellos 2021

Emprego Para A Conservación E Funcionamento De Bens E Servizos Municipais.

Cofinanciamento Da Contratación De 33 Traballadores 

CATEGORIA PROFESIONALNÚMERO DE RABALLADORESNº MESES CONTRATO
OFICIAL FONTANEIRO13
OFICIAL ELECTRICISTA13
PEÓN OBRA PUBLICA46
PEÓN ESPECIALISTA MEDIOAMBIENTE- FORESTAL26
PEÓN MEDIOAMBIENTE-FORESTAL46
PEÓN ESPECIALISTA XARDINEIRO36
AXUDANTE XARDINEIRO56
LIMPADOR/A PARQUES39
LIMPADOR/A COLEXIOS79
CONSERXE17
CONSERXE CASAL16
CONSERXE MUSICA14

Custo total: 413.633,51  euros.
Subvención concedida: 374.199,98 euros.
Aportación municipal: 39.433,53  euros.

A alcaldesa
Leticia Santos Paz.

Ler máis...
13 Xul
0

Subvención Liña 2. Programa Reactiva Moaña

Axudas Para Os Sectores Mais Afectados Pola Pandemia

Plan Concellos 2021

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 21.05.2021, concedeu a este Concello unha subvención por importe de 100.000,00 €, con destino ao financiamento das axudas contempladas nas bases reguladoras denominadas “Bases específicas da convocatoria de axudas do programa reactiva Moaña”, cun orzamento polo mesmo importe, no marco do Plan Concellos 2021-liña 2 axudas para os sectores mais afectados pola situación pandémica.

A través deste programa “Reactiva Moaña” o Concellocomprométese a promover no ano 2021 unha liña de axudas para a reactivación económica e social da localidade, destinada aos establecementos de hostalaría, axencias de viaxes, ximnasios ou similares, destinada a protección da actividade e o emprego local, e paliar as incidencias que provocaron as medidas acordadas pola Xunta de Galicia e polo Estado para conter a pandemia do Covid 19.

Moaña, 15 de abril de 2021
A alcaldesa
Leticia Santos Paz.

Ler máis...
13 Xul
0

Subvención Liña 2. Gasto Corrente.

Subvención Liña 2. Gasto Corrente.

Plan Concellos 2021

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 18.03.2021, concedeu a este Concello unha subvención de 65.427,30 euros, ao abeiro da finalidade gasto corrente novo, da Liña 2, do Plan Concellos 2021, para o cofinanciamento do servizo de limpeza viaria deste Concello durante 3 meses do ano 2021.

O Concello ten subcontratado o servizo de limpeza viaria coa Empresa Urbaser S.A.

  • Subvención concedida 93,23 % do custo total para 3 meses……… 65.427,30 euros.
  • Cofinanciamento do Concello 6,77 % do custo  ………………………..  4.748,04 euros.
  • Custo total do contrato con Urbaser SA durante 3 meses…………… 70.175,34 euros.

Moaña, 15 de abril de 2021
A alcaldesa
Leticia Santos Paz.

Ler máis...
Ir o contido