Coeducando

Coincidindo coa celebración o martes día 8 de marzo da Muller Traballadora, na ludoteca imos realizar unha serie de actividades que porán en valor este día e que ademais axudarán a perpetuar no tempo eses valores de respecto, tolerancia, responsabilidade, autonomía, confianza, coñecemento… que son tan necesarios para a coeducación. Partindo do principio de igualdade entre sexos e a non discriminación por razón de sexo, imos realizar divertidas actividades centradas neste tipo de educación. 

  • Luns 7: AS MULLERES DA MIÑA VIDA (obradoiro)
  • Martes 8: VARIÑA MÁXICA(obradoiro).
  • Mércores 9: CONTACONTOS EN “ROSA” (contacontos).
  • Xoves 10: VAI DE OFICIOS (xogo simbólico).
  • Venres 11: PROXECTAMOS E PINTAMOS (vídeo-fórum).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).