Países e personaxes

Acercar a historia aos nenos e ás nenas pode ser moi divertido se o facemos dende un enfoque lúdico. Facer que nomes de personaxes importantes lles resulten familiares, saber quen foron, a súa procedencia, a historia do seu país… resulta moi enriquecedor para calquera crianza, sobre todo se a aprendizaxe a fai dun xeito ameno porque ademais de enriquecer a súa imaxinación, estimula a observación, a atención, a concentración, a memoria… Imos a xogar entón para aprender historia, xeografía, biografías, idiomas…

  • Luns 21: COÑECEMOS EXIPTO (características e obradoiro).
  • Martes 22: COÑECEMOS A INDIA (características e obradoiro).
  • Mércores 23: COÑECEMOS A ROSALÍA DE CASTRO (características e obradoiro).
  • Xoves 24: COÑECEMOS AUSTRALIA (características e obradoiro).
  • Venres 25: COÑECEMOS MÉXICO (características e obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).