O ENTROIDO
Este ano si que podemos celebrar o Entroido na ludoteca, si que podemos disfrazarnos e gozar desta festividade que tanto nos gusta en xeral. Aínda respectando o aforo por distancia interpersoal e empregando a máscara, imos conseguir facer que sexa un entroido moi pero que moi especial.
Ao non haber colexio, cambiamos o noso horario de apertura para as mañás do luns, martes e mércores de 09:00 a 14:00 horas. O xoves xa retomamos o noso horario habitual de apertura.
Pasarémolo en grande xogando e confeccionando os nosos propios disfraces. Reservade praza canto antes, que é imprescindible para poder asistir a calquera dos obradoiros!
- Luns 28: ROCKEIR@S (obradoiro)
- Martes 1: BOB ESPONXA(obradoiro).
- Mércores 2: PAIASOS (obradoiro).
- Xoves 3: CARETAS (obradoiro).
- Venres 4: A “XOUBIÑA” (obradoiro).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).