Novas
Rechouchios – Actividades para público infantil e familiar.
Plan de acción para o Clima e Enerxía Sostible (PACES)
do Concello de Moaña
Este proxecto conta cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivencia da Xunta de Galicia e do Feder, por importe de 8.990,30 euros. O seu obxectivo é reducir dende o ano 2008 ata o 2030 nun 40% a emisión de gases de efecto invernadoiro.
Entre as medidas que o Concello de Moaña xa puxo en marcha con cargo ao proxecto destacan; a contratación de produtos e servizos aplicando criterios de baixa pegada de carbono, eficiencia enerxética e impulso das enerxías renovables, mellora das instalacións públicas e dos seus sistemas de climatización con criterios de eficiencia enerxética, renovación do alumeado público a luces led reducindo nun 70% o consumo electrico, programa de compostaxe, mellora da rede de saneamento, renovación da flota municipal de vehículos a electricos e híbridos, humanización, peatonalización e redución de velocidade nas vías urbanas, establecemento de puntos de recarga para vehículos electricos …

Dis-frutando…
O venres 3 de decembrose celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade, así como de concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. Con este último propósito imos traballar na ludoteca, para que coñezan de primeira man as súas necesidades, características, formas de comunicarse… e todo mediante xogos e dinámicas divertidas. Así:
- Luns 29: DEPORTES PARAOLÍMPICOS (mural e xogos).
- Martes 30: PONTE NA SÚA PEL (xogos).
- Mércores 1: DISCAPACIDADE SENSORIAL (dinámicas).
- Xoves 2: DIVERSIDADE CULTURAL (dinámica).
- Venres 3: COÑECEMOS OUTROS MEDIOS/SISTEMAS DE COMUNICACIÓN (dinámica de animación á lectura).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).
Moaña na mochila
Moaña é un pobo marítimo que conta con moitísimas sendas naturais ao longo do seu territorio, o que pretendemos con esta recompilación de rutas en Wikiloc editadas dende o Concello de Moaña é facilitar información e deixar en formatos cómodos o acceso a estas rutas. Esta páxina estará en continua remodelación xa que queremos actualizar e completar rutas ao longo dos anos, sumar aos poucos todas eses rutas para a veciñanza e que nos sirva como unha ferramenta turística para as épocas desestacionalizadas.

