San Martiño de Moaña

Xa pasou un ano dende a ultima celebración do San Martiño, festa tradicional moi enraizada en Moaña. A música, os furanchos, as castañas, os cogomelos, os magostos, os xogos populares… se dan cita nestes días festivos. E na ludoteca, ademais de contar o mércores coa actividade gratuíta de IGUALARTE, imos celebrar o noso particular San Martiño con diferentes actividades (o venres estaremos pechados por ponte do concello):  

  • Luns 8: A XENTE VAI DE MAGOSTO (xogo de mesa).
  • Martes 9: LUDOFURANCHO (dinámica das emocións).
  • Mércores 10: FUNDACIÓN IGUALARTE (talleres gratuítos).
  • Xoves 11: PECHADO. FESTIVO LOCAL
  • Venres 12: PECHADO. PONTE DO CONCELLO

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).