Revolución musical

Os efectos que ten a música no cerebro son realmente curiosos, pois estimula a aprendizaxe, axuda á concentración, favorece a capacidade de análise, síntese, memoria e razoamento, etc. A música, en definitiva, é unha gran aliada para o desenvolvemento da intelixencia emocional, da socialización e do desenvolvemento psicomotor. E empregándoa como instrumento de xogo, realizaremos as seguintes actividades: 

  • Luns 15: E EVOLUCIÓN MUSICAL (mural e exposición musical).
  • Martes 16: DAMOS A NOTA (karaoke con distorsión de voz, bailes e zumba).
  • Mércores 17: FUNDACIÓN IGUALARTE (talleres gratuítos).
  • Xoves 18: XOGOS MUSICAIS (xogos con música).
  • Venres 19: EXPRESIÓN ARTÍSTICA MUSICAL (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).