Non me contes contos !!!
Educar na igualdade de xénero e na non violencia é fundamental dende a primeira infancia. As nosas crianzas nacen libres de prexuízos polo que fomentar unha ensinanza igualitaria repercute positivamente no seu desenvolvemento dende unha perspectiva de xénero. E dado que o xoves 25 de novembro se celebra o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, na ludoteca imos realizar xogos e actividades que fomenten a igualdade, a empatía, a procura de alternativas á violencia, o respecto, o coñecemento dos tipos de violencia, a convivencia…
- Luns 22: MURAL DECORATIVO (mural reivindicativo).
- Martes 23: IDENTIFICAMOS AS DIFERENTES FORMAS DE TRATO (dinámica).
- Mércores 24: FUNDACIÓN IGUALARTE (talleres gratuítos).
- Xoves 25: PULSEIRA E MENSAXES POLA NON VIOLENCIA (obradoiro).
- Venres 26: CÓNTAME UN CONTO E VERÁS QUE… (dinámica de animación á lectura).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).