Proxecto: os volcáns e as emocións

Os volcáns pasan por diferentes fases e o coñecemento e a xestión da maneira máis adecuada tamén. A popularidade do volcán da Palma vai facilitarnos na ludoteca traballar no coñecemento das nosas emocións e para adquirir habilidades para o autocontrol. Mediante obradoiros e dinámicas diversas estableceremos símiles entre a erupción dun volcán e as sensacións internas que experimentamos as persoas antes de perder o control, de estallar en enfado, etc. Aprenderemos a identificar as situacións que nos alteran e tamén as condutas inadecuadas que realizamos neses casos. E o mellor de todo é que o faremos de xeito lúdico e divertido. 

  • Luns 1: PECHADO. FESTIVO NACIONAL
  • Martes 2: O PEQUENO VOLCÁN (dinámica das emocións).
  • Mércores 3: MINI-VOLCÁN (obradoiro).
  • Xoves 4: EXPERIMENTO: FLUÍDO E VISCOSO (experimento).
  • Venres 5: MODELAXE (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).