Chega o Samaín
O Samaín é a escusa perfecta para divertirnos, para levar e dar sustos, e tamén para facer travesuras. Ademais, coas actividades propias desta celebración se estimula a creatividade, a imaxinación e a socialización. Na ludoteca xa temos todo disposto para festexar esta celebración de orixe celta da maneira máis “terrorífica” posible:
- Luns 25: DECORACIÓN TERRORÍFICA (obradoiro).
- Martes 26: MOMIAS CON FÍOS (obradoiro).
- Mércores 27: MÚSICA DE TERROR (percusión).
- Xoves 28: SOBRE MISTERIOSO(obradoiro).
- Venres 29: BOLSA DE CARAMELOS (obradoiro).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).