Plan de acción para o Clima e Enerxía Sostible (PACES)
do Concello de Moaña

Este proxecto conta cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivencia da Xunta de Galicia e do Feder, por importe de 8.990,30 euros. O seu obxectivo é reducir dende o ano 2008 ata o 2030 nun 40% a emisión de gases de efecto invernadoiro.

Entre as medidas que o Concello de Moaña xa puxo en marcha con cargo ao proxecto destacan; a contratación de produtos e servizos aplicando criterios de baixa pegada de carbono, eficiencia enerxética e impulso das enerxías renovables, mellora das instalacións públicas e dos seus sistemas de climatización con criterios de eficiencia enerxética, renovación do alumeado público a luces led reducindo nun 70% o consumo electrico, programa de compostaxe, mellora da rede de saneamento, renovación da flota municipal de vehículos a electricos e híbridos, humanización, peatonalización e redución de velocidade nas vías urbanas, establecemento de puntos de recarga para vehículos electricos …