Gústame a biblioteca
A biblioteca infantil da ludoteca é un espazo pensado para crear, incentivar e fortalecer o desenvolvemento do coñecemento infantil. Trátase dun espazo tranquilo, acolledor, ben iluminado, ordenado, decorado de xeito atractivo… Con este espazo pretendemos fomentar a creación do hábito de lectura e ademais encamiñar o ocio dos pequenos e das pequenas ao aprendizaxe, converténdoo nun lugar favorable para a lectura, para a investigación, para o descubrimento… e tamén nun refuxio, nunha porta que te leva a outros mundos e a outras épocas, nun espazo de creatividade e de soños. E para coñecela, temos programada unhas actividades e dinámicas específicas:
- Luns 18: O LECTAURANTE POKEMON (degustación de lecturas e obradoiro de marcapáxinas).
- Martes 19: CARNET DE BIBLIOLUDO (deseño de carnet e xogos).
- Mércores 20: A CAIXA DE SORPRESAS (xogos de lecturas).
- Xoves 21: MOITO CONTO! (dinámica de animación á lectura).
- Venres 22: FACENDO HISTORIAS (lecturas para a igualdade).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).