Manualidades extradivertidas

A vindeira semana será máis cura do habitual, pois con motivo da festividade do Pilar faremos ponte e a ludoteca non abrirá ata o mércores. E para aproveitar ben o que queda de semana, realizaremos unha das cousas que máis lles gustan aos nosos nenos e nenas: obradoiros sinxelos e divertidos. Así:

  • Luns 11: PECHADO. PONTE
  • Martes 12: PECHADO. FESTIVO NACIONAL
  • Mércores 13: ROBOT REFUGALLO (obradoiro).
  • Xoves 14: ORIGAMI SERPE (obradoiro).
  • Venres 15: BARANGANDAO (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).