Novas

01 Feb
0

21 DÍAS EN GALEGO

21 DÍAS EN GALEGO. DO 1 ao 21 de febreiro vive as 24 horas na nosa lingua.

Hoxe ponse a andar nos centros de educación de Moaña a Campaña 21 DÍAS EN GALEGO na que centos de rapazas e rapaces propuxéronse usar a nosa lingua todo o tempo ata o 21 de febreiro.

Desde o Concello animamos a toda a veciñanza a acompañar a nosa mocidade no seu camiño para “capacitarse” en galego e, de paso, atoparse consigo mesma e darlle futuro ao idioma.

Ler máis...
01 Feb
0

Xirarei cos Bolechas

Xa están aquí os audiovisuais do proxecto Xirarei cos Bolechas.

Xa están aquí os audiovisuais do proxecto Xirarei cos Bolechas. Cada martes e xoves de febreiro faremos público un novo vídeo no espazo https://concellodemoana.org/turismo/xirarei-cos-bolechas/

Ler máis...
31 Xan
0

Descubre MOAÑA rutas guiadas de balde

Descubre MOAÑA
Rutas guiadas de balde

Descargar PDF Rutas guiadas

Ler máis...
31 Xan
0

Coñecendo o cubismo

Coñecendo o cubismo

O cubismo é un movemento artístico que rompe coa perspectiva de arte tradicional e que se caracteriza principalmente por debuxar ou pintar con moitas liñas e superficies. Neste movemento as formas xeométricas son as protagonistas. Na ludoteca, a través de diferentes técnicas e xogos, aprenderemos que é o cubismo e crearemos verdadeiras obras de arte empregando a nosa imaxinación e creatividade:

  • Luns 31: CUBISMO CON PICASSO (mural).
  • Martes 1: CADRO CON FORMAS (cadro cooperativo).
  • Mércores 2: CUBISMO CON “SR. POTATO” (dinámica).
  • Xoves 3: ÁRBORE CUBISTA (obradoiro).
  • Venres 4: COMPOSICIÓN (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
24 Xan
0

Queremos paz!!

Queremos paz!!

A paz é un valor crucial para a convivencia entre as persoas e os países. Unha cultura de paz implica unha educación que promova, por unha parte, comportamentos e actitudes persoais equilibradas e, por outra parte, a prevención e a resolución de conflitos de xeito pacífico, empregando o diálogo. Esta educación empeza na casa e debe estar presente en todos os ámbitos nos que interactúan as crianzas. Por iso na ludoteca xogaremos coa paz para convertela nun tesouro que non queremos perder: 

  • Luns 24: MURAL POLA PAZ (mural).
  • Martes 25: XOGOS COOPERATIVOS (xogos).
  • Mércores 26: ANUNCIO POLA PAZ (dinámica).
  • Xoves 27: OBRADOIRO TIE DYE (obradoiro).
  • Venres 28: PULSEIRAS DA PAZ (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
17 Xan
0

Dinámicas para sentir

Dinámicas para sentir

A habilidade para identificar, comprender e regular as emocións propias e as das demais persoas se lle coñece como a intelixencia emocional. É esencial que dende a infancia se aprenda a importancia de coñecer que sentimos e porque o sentimos. E dito coñecemento aporta moitos beneficios tanto para a nosa saúde mental como para o noso rendemento. Aprender a coñecer as emocións e a xestionalas pode ser moi divertido se o facemos xogando. E na ludoteca empregaremos xogos, contos, cancións, dinámicas… que nos axudarán a entender os nosos sentimentos dun xeito sinxelo, motivador e, sobre todo, divertido.

  • Luns 17: O ARCO DA VELLA DAS EMOCIÓNS (mural).
  • Martes 18: A CAIXA DOS ABRAZOS (dinámica).
  • Mércores 19: EMOCIONÓMETRO (obradoiro   ).
  • Xoves 20: CONTOS E EMOCIÓNS (animación á lectura).
  • Venres 21: PELOTA ANTIESTRÉS (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
11 Xan
0

Aprendo xogando

Aprendo xogando

Xa estamos de volta das vacacións de Nadal. E coas pilas recargadas, imos comezar o ano xogando e xogando, que é o que máis nos gusta facer na ludoteca. E ao tempo que xogamos, aprendemos importantes valores coma o respecto, a cooperación, a amizade, as relacións sociais positivas, o traballo en equipo, a participación, a expresión de sentimentos… 

  • Luns 10: INVESTIGANDO COS XOGOS DO NADAL (xogos).
  • Martes 11: XOGOS DE MESA (xogos de mesa).
  • Mércores 12: XOGOS DO MUNDO(xogos).
  • Xoves 13: TANGRAM NA MESA DE LUZ(xogos).
  • Venres 14: XOGOS DE CARTAS (xogos).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
22 Dec
0

Ludonadal

Hoxe comeza o inverno, e con el as vacacións de Nadal. Na ludoteca a partir de mañá, mércores 22 de decembro, cambiamos o noso horario de apertura para as mañás, de 09:00 a 14:00 horas, e podedes vir a pasar a mañá con nós, sempre con reserva de praza.

 Temos programadas moitas actividades relacionadas co Nadal e coa súa maxia. De feito, o xoves 30, para despedir o ano 2021 e darlle a benvida ao 2022 con ilusión, contaremos coa actuación dun MAGO, que nos sorprenderá seguro:

  • Mércores 22: POSTAIS DE NADAL (obradoiro).
  • Xoves 23: ELFO DE NADAL (obradoiro).
  • Luns 27: XOGAMOS COS AGASALLOS DE NADAL (haberá agasallos para a ludo?)
  • Martes 28: VELAS DE INOCENTES (obradoiro).
  • Mércores 29: ADORNO DE FIN DE ANO: SERVILLETEIROS (obradoiro).
  • Xoves 30: O MAGO PACO VISITA A LUDOTECA!!! (espectáculo de maxia co Mago Paco).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
20 Dec
0

II Certame de Relato Curto en Igualdade Lonxa Literaria Concello de Moaña 2021

II Certame de Relato Curto en Igualdade Lonxa Literaria Concello de Moaña 2021

Aqui tedes o relato gañados do II Certame de Relato Curto en Igualdade Lonxa Literaria – Concello de Moaña. “Os gatos pardos” de Fabio Rivas Pardo.
Portada realizada pola artista moañesa Sheela Tato. Podedes descargalo aquí ou ben podedes pedir exemplares impresos ao enderezo electrónico: igualdade@concellodemoana.org 

cMo Casa da Mocidade

PULSAR NA IMAXE PARA DESCARGAR OU LIBRILLO EN PDF

Ler máis...
13 Dec
0

As cores do inverno

As cores do inverno

E case sen darnos conta xa está rematando o outono, dando paso ao frío inverno e as tan ansiadas festas do Nadal. Nos seguintes días antes das vacacións, imos vestir a ludoteca coas cores e as paisaxes típicas desta estación do ano, ademais de xogar e facer algún obradoiro divertido. 

  • Luns 13: DECORACIÓN FIESTRAS (obradoiro decoración).
  • Martes 14: DECORANDO (obradoiro decoración).
  • Mércores 15: RECICLANDO VASOS DE IOGUR (obradoiro).
  • Xoves 16: CHEGOU A NEVE Á LUDO! (obradoiro).
  • Venres 17: XOGOS DE INVERNO (xogos).
  • Luns 20: CHEGA O NADAL! (decoramos a ludoteca de Nadal).
  • Martes 21: ADORNO DE NADAL (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
Ir o contido