As cores do inverno
E case sen darnos conta xa está rematando o outono, dando paso ao frío inverno e as tan ansiadas festas do Nadal. Nos seguintes días antes das vacacións, imos vestir a ludoteca coas cores e as paisaxes típicas desta estación do ano, ademais de xogar e facer algún obradoiro divertido.
- Luns 13: DECORACIÓN FIESTRAS (obradoiro decoración).
- Martes 14: DECORANDO (obradoiro decoración).
- Mércores 15: RECICLANDO VASOS DE IOGUR (obradoiro).
- Xoves 16: CHEGOU A NEVE Á LUDO! (obradoiro).
- Venres 17: XOGOS DE INVERNO (xogos).
- Luns 20: CHEGA O NADAL! (decoramos a ludoteca de Nadal).
- Martes 21: ADORNO DE NADAL (obradoiro).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).