Enredando cos dereitos e deberes

Os dereitos humanos permiten que calquera persoa viva en condicións dignas, con independencia da súa idade, sexo, orixe, cultura… E para que a infancia poida ampliar todo o seu potencial, a Convención dos Dereitos do Neno e da Nena vela polo seu benestar e desenvolvemento. E neste sentido, a infancia debe aprender que tanto os dereitos coma os deberes son necesarios para vivir en sociedade e convivir ben coas demais persoas. E que mellor que facelo xogando e dun xeito divertido.

  • Luns 6: PECHADO. FESTIVO NACIONAL
  • Martes 7: PECHADO. PONTE DO CONCELLO
  • Mércores 8: PECHADO. FESTIVO NACIONAL
  • Xoves 9: OS DEREITOS DAS CRIANZAS (mural, vídeos e xogos).
  • Venres 10: OS DEBERES DAS CRIANZAS (mural, vídeos e xogos). 

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).