Queremos paz!!
A paz é un valor crucial para a convivencia entre as persoas e os países. Unha cultura de paz implica unha educación que promova, por unha parte, comportamentos e actitudes persoais equilibradas e, por outra parte, a prevención e a resolución de conflitos de xeito pacífico, empregando o diálogo. Esta educación empeza na casa e debe estar presente en todos os ámbitos nos que interactúan as crianzas. Por iso na ludoteca xogaremos coa paz para convertela nun tesouro que non queremos perder:
- Luns 24: MURAL POLA PAZ (mural).
- Martes 25: XOGOS COOPERATIVOS (xogos).
- Mércores 26: ANUNCIO POLA PAZ (dinámica).
- Xoves 27: OBRADOIRO TIE DYE (obradoiro).
- Venres 28: PULSEIRAS DA PAZ (obradoiro).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).