Dinámicas para sentir
A habilidade para identificar, comprender e regular as emocións propias e as das demais persoas se lle coñece como a intelixencia emocional. É esencial que dende a infancia se aprenda a importancia de coñecer que sentimos e porque o sentimos. E dito coñecemento aporta moitos beneficios tanto para a nosa saúde mental como para o noso rendemento. Aprender a coñecer as emocións e a xestionalas pode ser moi divertido se o facemos xogando. E na ludoteca empregaremos xogos, contos, cancións, dinámicas… que nos axudarán a entender os nosos sentimentos dun xeito sinxelo, motivador e, sobre todo, divertido.
- Luns 17: O ARCO DA VELLA DAS EMOCIÓNS (mural).
- Martes 18: A CAIXA DOS ABRAZOS (dinámica).
- Mércores 19: EMOCIONÓMETRO (obradoiro ).
- Xoves 20: CONTOS E EMOCIÓNS (animación á lectura).
- Venres 21: PELOTA ANTIESTRÉS (obradoiro).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).