A Torre de Meira
Contar cun amplo patrimonio proporciona unha gran riqueza ao pobo xa que nos permite viaxar no tempo e coñecer como vivían os habitantes de Moaña noutras épocas. A Torre de Meira data do século XIV e é derribada por completo no 1476, contando así cunha gran historia. Coñecer este monumento posibilita que os nenos e as nenas descubran a súa procedencia, se acerquen ás súas raíces, aprecien a cultura da Idade Media e se poidan converter en verdadeiros cabaleiros e cabaleiras mediante os diferentes obradoiros que levaremos a cabo na ludoteca:
- Luns 21: UN POUCO DE HISTORIA (explicación)
- Martes 22: CONSTRUÍMOS A TORRE (obradoiro)
- Mércores 23: DISFRAZ MEDIEVAL (obradoiro)
- Xoves 24: CABALEIROS E CABALEIRAS (obradoiro)
- Venres 25: BANDEIRAS (obradoiro)
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).