Vivir sen plásticos

A información que coñecemos sobre o tempo que tarda en descompoñerse o plástico ten que facernos reflexionar sobre o que compramos e consumimos a diario, e sobre como afecta a nosa conduta ao planeta. Existen unha serie de hábitos que podemos mellorar e que teñen que ver coa redución do uso de plástico en actividades cotiás: cando imos a facer a compra, para a conservación de alimentos, para gardar a merenda, os xogos e xoguetes que escollemos… Na ludoteca faremos fincapé na importancia desta redución de plástico, en alternativas sostibles e incluso na opción da reciclaxe. Así: 

  • Luns 28: ONDE VAN OS PLÁSTICOS (mural da reciclaxe  ).
  • Martes 29: MELLOR SEN PLÁSTICOS (xogo de mesa).
  • Mércores 30: XOGUETE DE CARTÓN (obradoiro).
  • Xoves 31: CONCIENCIANDO (xogo de mesa).
  • Venres 1: BAIXO O MAR (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).