Os primeiros exploradores e exploradoras
Un explorador ou exploradora é aquela persoa que explora, examina, investiga e descubre unha cousa ou un sitio.
Cristobo Colón, quen descubriu América no 1492; Rosalind Franklin, que contribuíu á investigación da estrutura do ADN en 1952; ou Darwin, que aportou a teoría da evolución en 1859… son algúns dos exploradores/as máis coñecidos da historia polos experimentos que aportaron á humanidade.
O coñecemento dos diferentes autores e autoras permite que os nenos e nenas sexan conscientes de onde saen cada unha das cousas que empregan no seu día a día ademais de poder converterse en exploradores e exploradoras coas diferentes actividades que se levarán a cabo na ludoteca a próxima semana:
- Luns 4: EXPLORAMOS A CIENCIA (obradoiro).
- Martes 5: EXPLORAMOS A NATUREZA (obradoiro)
- Mércores 6: EXPLORAMOS O CORPO (obradoiro).
- Xoves 7: EXPLORAMOS O MUNDO (obradoiro).
- Venres 8: EXPLORAMOS AS EMOCIÓNS (xogo).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).