Novas

11 Abr
0

A Pascua

A Pascua

A Pascua significa a chegada das tan desexadas vacacións de primavera. Moitos rapaces e rapazas esperan que chegue un coello cunha cesta chea de ovos de chocolate, outros/as simplemente queren xogar e non ter que ir a clase, e incluso hai quen quere as dúas cousas. Por iso, na ludoteca faremos durante estes días diferentes obradoiros que farán gozar das vacacións a todos os nenos e nenas. O horario de apertura será de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, e é imprescindible reservar antes a asistencia:

  • Luns 11: COELLOS DE PASCUA (obradoiro).
  • Martes 12: TARXETAS (obradoiro).
  • Mércores 13: CAIXIÑA PARA OS OVOS (obradoiro).
  • Xoves 7: PECHADO. FESTIVO
  • Venres 8: PECHADO. FESTIVO
  • Luns 18: DEBUXO EN SOMBRA (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
04 Abr
0

Os primeiros exploradores e exploradoras

Os primeiros exploradores e exploradoras

Un explorador ou exploradora é aquela persoa que explora, examina, investiga e descubre unha cousa ou un sitio.

Cristobo Colón, quen descubriu América no 1492; Rosalind Franklin, que contribuíu á investigación da estrutura do ADN en 1952; ou Darwin, que aportou a teoría da evolución en 1859…  son algúns dos exploradores/as máis coñecidos da historia polos experimentos que aportaron á humanidade.

O coñecemento dos diferentes autores e autoras permite que os nenos e nenas sexan conscientes de onde saen cada unha das cousas que empregan no seu día a día ademais de poder converterse en exploradores e exploradoras coas diferentes actividades que se levarán a cabo na ludoteca a próxima semana:

  • Luns 4: EXPLORAMOS A CIENCIA (obradoiro).
  • Martes 5: EXPLORAMOS A NATUREZA (obradoiro)
  • Mércores 6: EXPLORAMOS O CORPO (obradoiro).
  • Xoves 7: EXPLORAMOS O MUNDO (obradoiro).
  • Venres 8: EXPLORAMOS AS EMOCIÓNS (xogo).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
28 Mar
0

Vivir sen plásticos

Vivir sen plásticos

A información que coñecemos sobre o tempo que tarda en descompoñerse o plástico ten que facernos reflexionar sobre o que compramos e consumimos a diario, e sobre como afecta a nosa conduta ao planeta. Existen unha serie de hábitos que podemos mellorar e que teñen que ver coa redución do uso de plástico en actividades cotiás: cando imos a facer a compra, para a conservación de alimentos, para gardar a merenda, os xogos e xoguetes que escollemos… Na ludoteca faremos fincapé na importancia desta redución de plástico, en alternativas sostibles e incluso na opción da reciclaxe. Así: 

  • Luns 28: ONDE VAN OS PLÁSTICOS (mural da reciclaxe  ).
  • Martes 29: MELLOR SEN PLÁSTICOS (xogo de mesa).
  • Mércores 30: XOGUETE DE CARTÓN (obradoiro).
  • Xoves 31: CONCIENCIANDO (xogo de mesa).
  • Venres 1: BAIXO O MAR (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
21 Mar
0

A Torre de Meira

A Torre de Meira

Contar cun amplo patrimonio proporciona unha gran riqueza ao pobo xa que nos permite viaxar no tempo e coñecer como vivían os habitantes de Moaña noutras épocas. A Torre de Meira data do século XIV e é derribada por completo no 1476, contando así cunha gran historia. Coñecer este monumento posibilita que os nenos e as nenas descubran a súa procedencia, se acerquen ás súas raíces, aprecien a cultura da Idade Media e se poidan converter en verdadeiros cabaleiros e cabaleiras mediante os diferentes obradoiros que levaremos a cabo na ludoteca: 

  • Luns 21: UN POUCO DE HISTORIA (explicación)
  • Martes 22: CONSTRUÍMOS A TORRE (obradoiro)
  • Mércores 23: DISFRAZ MEDIEVAL (obradoiro)
  • Xoves 24: CABALEIROS E CABALEIRAS (obradoiro)
  • Venres 25: BANDEIRAS (obradoiro)

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
14 Mar
0

As cores da primavera

As cores da primavera

O tempo pasa voando e xa estamos a piques de entrar na primavera. A vindeira semana cambiaremos o decorado da ludoteca por outro máis acorde coa estación do ano que comeza e faremos obradoiros e xogos que nos animen.

  • Luns 14: DECORACIÓN DE FIESTRAS (obradoiro)
  • Martes 15: GRILANDA ARCO DA VELLA (obradoiro).
  • Mércores 16: CAIXIÑAS DE PAXAROS(obradoiro).
  • Xoves 17: TARXETA DA CALMA (obradoiro).
  • Venres 18: ANIMAIS DE CORES (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
10 Mar
0

Actividades para público infantil e familiar

Actividades para público infantil e familiar

O venres 11 de marzo comezamos unha nova sesión dos Rechouchíos que rematan o venres 29 de abril. Haberá teatro, música, monicreques e moito conto! Reservade oco na vosas axendas!

PREME NO CARTEL PARA VER AS ACTIVIDADES

Ler máis...
07 Mar
0

Coeducando

Coeducando

Coincidindo coa celebración o martes día 8 de marzo da Muller Traballadora, na ludoteca imos realizar unha serie de actividades que porán en valor este día e que ademais axudarán a perpetuar no tempo eses valores de respecto, tolerancia, responsabilidade, autonomía, confianza, coñecemento… que son tan necesarios para a coeducación. Partindo do principio de igualdade entre sexos e a non discriminación por razón de sexo, imos realizar divertidas actividades centradas neste tipo de educación. 

  • Luns 7: AS MULLERES DA MIÑA VIDA (obradoiro)
  • Martes 8: VARIÑA MÁXICA(obradoiro).
  • Mércores 9: CONTACONTOS EN “ROSA” (contacontos).
  • Xoves 10: VAI DE OFICIOS (xogo simbólico).
  • Venres 11: PROXECTAMOS E PINTAMOS (vídeo-fórum).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
01 Mar
0

RELACIÓN DE ENTIDADES BENEFICIARIAS DO PROGRAMA REACTIVA MOAÑA

SUBVENCIÓN LIÑA 2. PLAN CONCELLOS 2021. 
AXUDAS PARA OS SECTORES MAIS AFECTADOS POLA PANDEMIA

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 21.05.2021, concedeu ao Concello de Moaña unha subvención por importe de 100.000,00 €, con destino ao  financiamento das axudas contempladas nas bases reguladoras denominadas  “Bases específicas da convocatoria de axudas do programa reactiva Moaña”, cun orzamento polo mesmo importe, no marco do Plan Concellos 2021-liña 2 axudas para os sectores mais afectados pola situación pandémica.

Indícanse a continuación as persoas e entidades que resultaron beneficiarias destas  axudas, así como os seus importes.

NOME ou RAZÓN SOCIALIMPORTE
ANA BELEN ALONSO GARCIA1.492,53
ANTONIO MOLANES FERNANDEZ1.492,53
ATRIA, C.B.1.492,53
BAR ELADIO, ESPJ1.492,53
BAR ESTADIO1.492,53
BAR MOAÑA, C.B.1.492,53
BARXAS MOAÑA, S.L.1.492,53
BELEN PORTAS CAMPOS1.492,53
BIENESTAR MOAÑA, S.L.1.492,53
CAFEMAN ESPJ1.492,53
CARMEN JUNCAL COSTA1.492,53
CASA RIOS, C.B.1.492,53
CELESTINO EIROA GALLEGO1.492,53
CLAUDINO PAZOS BARCIELA1.492,53
D’ ELVI ESPJ1.492,53
DANIEL’S CB-MOAÑA1.492,53
DANOI GALICIA, S.L.1.492,53
EL LOFT, C.B.1.492,53
ELENA PEQUEÑO RODRIGUEZ1.492,53
ENRIQUE EIROA GALLEGO1.492,53
FERNANDO RUA CANCELAS1.492,53
FRANCISCA PAZO CASTRO1.492,53
FREDERIKA JANOVSKA1.492,53
HECTOR GONZALEZ BOUZADA1.492,53
IRIA LAGO ESTEVEZ1.492,53
ISABEL OTERO RUA1.492,53
IVAN VLADIMIR CASTRO LUEIRO1.492,53
JAVIER GARCÍA COMEDEIRO1.492,53
JAVIER RODRIGUEZ PAZOS1.492,53
JOSE ALBERTO RIVAS VAYCEL1.492,53
JOSE LUIS SANTOME DURAN1.492,53
JOSEFA HERMELO ABAL1.492,53
JUCANUIS, C.B.1.492,53
KAIZEN P.DEL EJERCICIO, S.L.1.492,53
LA ORENSANA DE LA RIA, S.L.1.492,53
LUCIA SOLLA NOGUEIRA1.492,53
MAGDALENA JUNCAL ENTENZA1.492,53
MARIA CARMEN BARRES LOPEZ1.492,53
MARIA CONSUELO ROMERO PEREZ1.492,53
MARIA CRUZ SOLLA COSTA1.492,53
MARIA DOLORES DACOSTA TORRES1.492,53
MARIA ESTHER ALVAREZ COSTA1.492,53
MARIA INES RIAL BARBOSA1.492,53
MARIA ISABEL BREIJO CURRAS1.492,53
MARIA ISABEL VIEYROS GALLEGO1.492,53
MARIA JESUS FERVENZA TABOAS1.492,53
MARIA LILIA RODRIGUEZ MALVIDO1.492,53
MARIA SOLEDAD VERDE VIEIRA1.492,53
MARIO CAO OTERO1.492,53
MARTIN NUÑEZ RIOBO1.492,53
MELANIA PENA SEQUEIROS1.492,53
MIRIAN LORENZO MEIRA1.492,53
MUXICAS RESTAURACIÓN, C.B.1.492,53
PABLO GARCÍA MARTÍNEZ1.492,53
PABLO GIL PIÑEIRO1.492,53
PATRICIA GAITEIRO RODRIGUEZ1.492,53
RICARDO IGLESIAS CALVAR1.492,53
ROSA CHAPELA JUNCAL1.492,53
SARA FERVENZA FERVENZA1.492,53
SONALIA, C.B.1.492,53
SUSANA OTERO BARBOSA1.492,53
TABERNA A RETORAL, C.B.1.492,53
TAPERIA MOLANES, C.B.1.492,53
VICTOR JOSE PENA RIOS1.492,53
YOLANDA SANTOMÉ PAREDES1.492,53
ZULIMA CUEVAS REGUEIRA1.492,53

A alcaldesa
Leticia Santos Paz.

Ler máis...
28 Feb
0

O Entroido

O ENTROIDO

Este ano si que podemos celebrar o Entroido na ludoteca, si que podemos disfrazarnos e gozar desta festividade que tanto nos gusta en xeral. Aínda respectando o aforo por distancia interpersoal e empregando a máscara, imos conseguir facer que sexa un entroido moi pero que moi especial.

Ao non haber colexio, cambiamos o noso horario de apertura para as mañás do luns, martes e mércores de 09:00 a 14:00 horas. O xoves xa retomamos o noso horario habitual de apertura.

Pasarémolo en grande xogando e confeccionando os nosos propios disfraces. Reservade praza canto antes, que é imprescindible para poder asistir a calquera dos obradoiros!

  • Luns 28: ROCKEIR@S (obradoiro)
  • Martes 1: BOB ESPONXA(obradoiro).
  • Mércores 2: PAIASOS (obradoiro).
  • Xoves 3: CARETAS (obradoiro).
  • Venres 4: A “XOUBIÑA” (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
21 Feb
0

O concello de Moaña celebra o día de Rosalía de Castro

O concello de Moaña celebra o día de Rosalía de Castro

Ler máis...
Ir o contido