HARRY POTTER

Harry Potter é unha novela fantástica escrita por J.K. Rowling na que se narran as aventuras dun xove aprendiz de mago xunto cos seus mellores amigos mentres fan os estudos de alta maxia e feiticería no famoso colexio Hogwarts.

Na novela se transmiten moitos valores positivos que favorecen o desenvolvemento pleno e integral do/a menor: amizade, tolerancia, traballo en equipo, valentía, perseveranza, intelixencia, respecto aos animais… Na ludoteca xogaremos coa maxia para conseguir aprender estes valores dun xeito divertido:

Luns 30: AS CASAS DE HOGWARTS (mural da escola da maxia).
Martes 31: XOGOS DE HOGWARTS (xogos).
Mércores 1: XOGAMOS A QUIDDITCH (xogo).
Xoves 2: A TENDA DE OLLIVANDER (obradoiro).
Venres 3: POCIÓNS E BOLSA MISTERIOSA (clase de pocións).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).