As Letras Galegas

O próximo martes 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. Este día serve para reivindicar e render homenaxe á lingua galega a través da literatura dedicándollo cada ano a un autor ou autora galega. Este ano a Real Academia Galega decidiu honrar a Florencio Delgado Gurriarán e a súa obra. 

Florencio Delgado Gurriarán é un claro reflexo da cultura galega no século XX. Ademais foi militante do Partido Galeguista, colaborador de Castelao e exiliado a América. A súa obra rende homenaxe a Galicia, a súa terra natal e a México, o seu país de acollida. Por todo isto, a próxima semana, na ludoteca queremos render homenaxe á lingua galega e tamén a este renomeado autor.

Luns 16: PECHADO (PONTE)

Martes 17: PECHADO. FESTIVO AUTONÓMICO

Mércores 18:  QUEN É FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN? (mural educativo).

Xoves 19: PROXECTO MAVI: MALETA VIAXEIRA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (contacontos).

Venres 20: XOGOS POPULARES GALEGOS (xogos populares).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).