Contos para ler…

Xa rematan as vacacións de Semana Santa e na ludoteca a partir de mañá recuperaramos o noso horario habitual de apertura polas tardes: de 16:00 a 20:00 horas. 

O próximo sábado, 23 de abril, conmemórase o Día do Libro. Con este día preténdese fomentar a lectura xa que este hábito permite desenvolver os pensamentos cognitivos e interactivos dos nenos e nenas ademais de enriquecer a súa linguaxe e a súa creatividade. Por isto, dende a ludoteca, queremos traballar durante a semana diversidade de contos, de maneira que floreza o interese dos nenos e nenas pola lectura e, ademais, se sintan protagonistas das historias.

  • Martes 19: . CONTOS PARA LER, VER E FACER (crear o seu conto).
  • Mércores 20: CONTOS PARA LER SOBRE A SEXUALIDADE (conto e obradoiro).
  • Xoves 21: CONTOS PARA LER ANTES DE DURMIR (contos).
  • Venres 8: CONTOS PARA LER E MORRER DE RISA (conto e actividades).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).