Tocámoslle ao teatro?
O teatro na infancia é un dos mellores xeitos de expresión, diversión e desenvolvemento. Ademais de pasalo ben, cando facemos teatro favorecemos a evolución de cada parte do seu corpo e da súa mente, axudándolle ás crianzas a mellorar a linguaxe, a comprensión e, especialmente, a expresión. Por iso, porque queremos divertirnos e ao mesmo tempo mellorar, na ludoteca imos xogar a facer teatro:
- Luns 27: INTERPRETANDO AS EMOCIÓNS (teatro das emocións).
- Martes 28: HISTORIAS DE IMAXES (creación de historias).
- Mércores 29: TEATRO DE SOMBRAS (teatro de sombras).
- Xoves 30: FUROR! (xogo musical).
- Venres 31: EXPRESIÓN CORPORAL (xogos de expresión).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).