Novas

26 Set
0

Vai de retos!

Vai de retos!

Para xogar de xeito divertido cos nenos e nenas da ludoteca, esta semana virá cargada de retos. E serán retos de distinto tipo: uns de superación, outros de puntería, outros de habilidades… Será un desafío constante e o pasaremos xenial, seguro!!!

  • Luns 26: SUPERÁNDONOS (retos).
  • Martes 27: A FORZA DA GRAVIDADE (retos).
  • Mércores 28: RETOS CON VASOS (retos).
  • Xoves 29: PUNTERÍA (retos).
  • Venres 30: RETOS CON PELOTAS (retos).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
20 Set
0

Programación 1º trimestre 2022/2023

Programación 1º trimestre 2022/2023

Hoxe abrimos a ludoteca de novo para dar comezo ao novo curso escolar e seguiremos sendo un espazo educativo no que as crianzas aprenden ao mesmo tempo que xogan. O xogo permitiralles aprender e fortalecer habilidades sociais, traballar coas emocións, favorecer a comunicación e a socialización, fortalecer a autoestima e autonomía, fomentar a empatía… 

Durante o trimestre realizaremos actividades diferentes e divertidas entorno ás seguintes temáticas: 

SETEMBRO 2022

Do 19 ao 23: ENREDANDO CO OUTONO
Do 26 ao 30: VAI DE RETOS!

OUTUBRO 2022

Do 3 ao 7: XOGOS DE MESA DIVERTIDOS
Do 10 ao 14: QUE TEMOS NA MENTE
Do 17 ao 21: O PUNTO
Do 24 ao 28: O SAMAÍN DE MÉXICO

NOVEMBRO 2022

Do 31 de outubro ao 4: QUE SE FALA NO MUNDO?
Do 7 ao 10: ENTRE CASTAÑAS NO SAN MARTIÑO
Do 14 ao 18: ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN
Do 21 ao 25: NON XOGAMOS COA VIOLENCIA

DECEMBRO 2022

Do 28 de novembro ao 2: LUDOTECA INCLUSIVA
Do 5 ao 9: CELEBRANDO DEREITOS E CUMPRINDO DEBERES
Do 12 ao 16: ENREDANDO CO INVERNO
Do 19 ao 21: FESTEXANDO O NADAL 
Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro: LUDONADAL

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude, que se poden solicitar na ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Este curso escolar o iniciamos hoxe, LUNS 19 de setembro no horario habitual de apertura: de 16.00 a 20.00 horas. 

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
20 Set
0

As cores do outono

As cores do outono

Xa está a piques de rematar o verán, e a pesar de que o tempo estes días está a ser moi caloroso, xa estamos ás portas do outono. Na ludoteca imos enredar con esta nova estación que está a piques de comezar e farémolo decorando, xogando, rindo, con obradoiros… así seguro que comezamos o outono con moito ánimo!

  • Luns 19: DECORACIÓN (decoración e xogos).
  • Martes 20: O VENTO DO OUTONO (decoración e xogos).
  • Mércores 21: ESPANTALLOS (decoración e xogos).
  • Xoves 22: XOGOS DE OUTONO (xogos).
  • Venres 23: O NOSO OUTONO (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
16 Set
0

RECHOUCHÍOS 2022

RECHOUCHÍOS actividades para público infantil e familiar.

SETEMBRO, OUTUBRO E NOVEMBRO 2022

O domingo 18 de setembro, comezamos un novo ciclo dos Rechouchíos cunha tarde de Xogos populares e música para a lingua no parque de San Bartolomeu en Meira… e nos venres haberá teatro, música, monicreques, maxia e moito conto! Reservade oco na vosas axendas!

Ler máis...
15 Set
0

Descubre MOAÑA no outono 2022

Descubre MOAÑA no outono 2022

Xa chegan as Rutas guiadas DESCUBRE MOAÑA no outono, para gozar da nosa vila tamén nesta época tan bonita do ano.
Podes inscribirte no WhatsApp 611 080 853. 

Ler máis...
02 Set
0

VOLTAMOS Á LUDO

Xa estamos de volta das vacacións, e o mes de setembro ven cargado de actividades divertidas na ludoteca, antes de comezar de novo coa rutina do colexio:

  • Xoves 1: XOGOS COOPERATIVOS (xogos).
  • Venres 2: XOGOS CON MÚSICA (xogos).
  • Luns 5: MINIBANXO (obradoiro).
  • Martes 6: XINCANA (xincana).
  • Mércores 7: DESPEDIMOS O VERÁN (festa fin de verán).

O horario de apertura da ludoteca é de 09:00 a 14:00 horas e para asistir é imprescindible reservar horario.

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
26 Xul
0

Festas do verán

Festas do verán

Xa estamos na última semana do mes de xullo, e imos celebrar festas temáticas durante estes días para despedir este mes. Pasarémolo en grande facendo talleres, xogando con auga, cos xogos populares da Asociación Juan XXIII e na festa pirata do último día!

  • Martes 26: SURF (obradoiro).
  • Mércores 27: AUGA (xogos con auga: traede unha muda de roupa para cambiarnos, bañador/bikini e toalla).
  • Xoves 28: ROMARÍA (xogos populares coa colaboración da Asociación Juan XXIII).
  • Venres 29: PIRATAS (festa temática: podedes vir disfrazad@s e hai que traer algo de comer para compartir).

O mes de agosto a ludoteca permanecerá pechada con motivo das vacacións do persoal. Volveremos en setembro con nova programación en horario de mañá ata o día de comezo da escola. 

O horario de apertura da ludoteca é de 09:00 a 14:00 horas e para asistir é imprescindible reservar horario.

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
18 Xul
0

Presentación do programa DÍAS DE MAR

Presentación do programa DÍAS DE MAR

Xa presentamos o cartel e a programación “Días de Mar de Moaña 2022” para o que contamos coa presenza do dramaturgo domaiés Santiago Cortegoso, un dos principais expoñentes da dramaturxia galega na actualidade e que, nesta edición, presta un fragmento de “O ronco do carneiro” (Ed. Positivas e CDG, DramaturXa) que pon en contexto á imaxe de Diego Seixo tomada no Fontán, en Domaio.

A presentación tamén contou coa presenza dalgunhas das asociacións colaboradoras que participan nesta programación que encherá Moaña de actividade no mes de agosto.

Do 1 ao 21 de agosto de 2022.

PULSAR IMAXES PARA AMPLIAR

Ler máis...
18 Xul
0

TROTAMÚSIC@S

TROTAMÚSIC@S

A música mellora a capacidade intelectual e a memoria; o ritmo das cancións favorece a expresión, a imaxinación e a creatividade. E, ademais, a través dela fomentamos a sociabilidade, a tolerancia, a empatía e o traballo en grupo. 

Esta semana, ademais dos obradoiros musicais e dos xogos que temos preparados, contaremos cunha programación especial: un pequeno concerto o venres de clarinete e trompeta que nos van a ofrecer Ainvar e Maia, irmáns que xogaron con nós na ludoteca durante moitos anos!

Luns 18: PERCUSIÓN CON NOCES (obradoiro).

Martes 19: MÚSICA CON CHAPAS (obradoiro).

Mércores 20: XOGOS MUSICAIS (xogos).

Xoves 21: ANIMACIÓN MUSICAL (xogos).

Venres 22: MÚSICA E MOVEMENTO (concerto e xogos).

O horario de apertura da ludoteca é de 09:00 a 14:00 horas e para asistir é imprescindible reservar horario.

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
11 Xul
0

Xogamos con auga

Xogamos con auga

Xogar con auga permítelle ás crianzas experimentar con conceptos e sensacións diferentes e divertidas. Mediante os xogos, experimentos e obradoiros con auga ademais de divertirnos, estimulamos a creatividade, fomentamos o xogo libre, a cooperación e ademais… nunca nos aburrimos! Así que traede a partir do martes, roupa de cambio e toalla, para poder mollarnos a gusto!!!

Luns 11: EXPERIMENTOS (experimentos).

Martes 12: POMPAS DE XABRÓN (obradoiro).

Mércores 13: OS ESTADOS DA AUGA (experimentos e xogos).

Xoves 14: XOGOS CON AUGA (xogos).

Venres 15: TROMPAS DE ELEFANTE (obradoiro e xogos).

Ir o contido