O punto

Existen moitos tipos de puntos, máis dos que en un principio pode parecer: o punto coma un obxecto moi pequeno no espazo, coma un signo de puntuación, coma un elemento gráfico, como unha dirección intercardinal, coma un tipo de baile, coma un lugar de recollida de lixo, coma un espazo de atención a vítimas de agresións sexistas, como unha técnica de pintura, coma unha figura xeométrica, como tipo de pasatempo… Na ludoteca esta palabra tan polisémica sírvenos para durante a próxima semana xogar con diferentes tipos de puntos. Entre todos, os escollidos son estes: 

Luns 17: ORTOGRÁFICO (quebracabezas).
Martes 18: XOGOS DE PUNTOS (puntería, matemáticos).
Mércores 19: ARTE PUNTILLISMO (cadro con técnica puntillismo)
Xoves 20: OS PUNTOS CARDINAIS (xogos e mapa mundi).
Venres 21: PUNTO LIMPO (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).