Samaín, Halloween, Día dos Mortos, Noite de Bruxas… hai moitas formas de denominar a esta festa que se celebra o último día de outubro. E cada zona do planeta a celebra tamén de forma diferente, facendo referencia ao cambio de estación, ao fin das colleitas… e, principalmente, á morte…
Na ludoteca imos traballar en concreto a celebración en México e, deste xeito, descubran que alí representa a entrado ao mundo da morte colocando altares que se adornan con flores e froitos, e tamén con pratos do agrado das persoas defuntas. Deste xeito, se lle da alegría ao altar e ademais adornan e aromatizan o lugar. Así, realizaremos diferentes actividades que nos axudarán a comprender mellor esta celebración:
- Luns 24: PECHADO (desculpen as molestias).
- Martes 25: DÍA DOS MORTOS (mural xigante, altar e obradoiro).
- Mércores 26: CARETAS DE CATRINAS (obradoiro de grilandas).
- Xoves 27: MAQUILLAXE (obradoiro de maquillaxe).
- Venres 28: CALAVERAS DE ARXILA (obradoiro con arxila).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).