Xogos de mesa divertidos
Os xogos de mesa son un dos nosos grandes aliados na ludoteca pois á vez que nos permiten un divertido entretemento, tamén traballamos outros aspectos importantes para o desenvolvemento integral dos/as menores: desenrolan a concentración, a memoria e a observación; favorecen o desenvolvemento motor, mental e sensorial; potencian a imaxinación, amosan como resolver problemas; permiten elaborar estratexias e tomar decisións; ensinan a cumprir normas de convivencia…
Luns 3: LUDOTECA PECHADA (desculpen as molestias).
Martes 4: XOGOS DE CARTAS (xogos).
Mércores 5: XOGOS DE ESTRATEXIA (xogos).
Xoves 6: XOGOS DE TABOLEIRO (xogos).
Venres 7: XOGOS DE AGUDEZA VISUAL (xogos).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).