Que temos na mente

Unha boa saúde mental durante a infancia é fundamental para o desenvolvemento das crianzas e para poder ter unha vida positiva, así como para desenvolver o seu potencial completamente. Os nenos e as nenas cunha boa saúde mental séntense ben consigo mesmos/as e se senten capaces de facer e aprender cousas novas. E, para conseguir estes obxectivos, na ludoteca mediante xogos traballaremos habilidades sociais saudables que nos axudarán divertirnos gozando de boa saúde mental 

Luns 10: ADIVIÑA ADIVIÑANZA (adiviñas e obradoiro).
Martes 11: RAPIDEZ MENTAL (xogos).
Mércores 12: FESTIVO: LUDOTECA PECHADA
Xoves 13: LUDOTECA PECHADA (desculpen as molestias).
Venres 14: CONTOS DE SAÚDE MENTAL (contos e actividade).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).