Novas

19 Dec
0

Festexando o nadal

Festexando o nadal

E así, sen darnos conta, xa estamos na semana do Nadal, a piques de rematar o ano e empezar un novo. Esta semana adornaremos a ludoteca con motivos de Nadal, faremos adornos para a casa, cantaremos panxoliñas… imos prepararnos para que sexa un Nadal moi moi especial: 

  • Luns 19: ÁRBORE DE NADAL (decoración).
  • Martes 20: OBRADOIRO BASTÓNS XIGANTES (decoración).
  • Mércores 21: COLGA NADAL (obradoiro decoración).
  • Xoves 22: CANCIONEIRO DE PANXOLIÑAS (panxoliñas).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
16 Dec
0

Subvención Liña 2. Gasto Corrente.

Subvención Liña 2. Gasto Corrente.

PLAN CONCELLOS 2022

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 04.03.2022, concedeu a  este Concello unha  subvención de  70.646,69 euros,  ao abeiro da finalidade gasto corrente novo, da Liña 2, do Plan Concellos 2022,  para o cofinanciamento do servizo de limpeza viaria  deste Concello durante 4 meses do ano 2022.

O Concello ten subcontratado o servizo de limpeza viaria coa Empresa Urbaser S.A. 

  • Subvención concedida 75,50 % do custo ………………………………..   70.646,69 euros.
  • Cofinanciamento do Concello 24,50 % do custo  ……………………..   22.920,43 euros.
  • Custo do contrato con Urbaser SA durante 4 meses de 2022 ……   93.567,12 euros.

A alcaldesa
Leticia Santos Paz.

Ler máis...
14 Dec
0

PROGRAMA NADAL MOAÑA 22-23

PROGRAMA NADAL MOAÑA 22-23

Ler máis...
13 Dec
0

Programación de Nadal cMo – Casa da Mocidade de Moaña

Programación de Nadal cMo – Casa da Mocidade de Moaña

Aquí tedes a programación de Nadal da cMo – Casa da Mocidade de Moaña Para rapazada a partir de 8 anos. Obradoiros e actividades gratuítas.

PRORGAMACIÓN NADAL

Ler máis...
13 Dec
0

Moaña un mar de mulleres

Moaña un mar de mulleres

Este sábado 17 de decembro estreamos a miniserie documental 🎥 𝐌𝐨𝐚ñ𝐚, 𝐮𝐧 𝐦𝐚𝐫 𝐝𝐞 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬, onde coñeceremos a cinco pioneiras do mar que foron clave no desenvolvemento da nosa comunidade costeira.

Ler máis...
12 Dec
0

Enredando co inverno

Enredando co inverno

Xa estamos a punto de entrar nunha nova estación do ano: o inverno ou o solsticio de inverno. Os días son máis curtos, as noites máis longas e as temperaturas máis baixas, pero na ludoteca imos continuar co noso ritmo de sempre e non deixaremos de xogar e de pasalo ben. Esta semana próxima imos cambiar a decoración e tamén a xogar sen parar!!!

  • Luns 12: NEN@S DA NEVE (obradoiro decoración).
  • Martes 13: COMPLEMENTOS DE INVERNO (decoración).
  • Mércores 14: COPOS ORIXINAIS (obradoiro decoración).
  • Xoves 15: COLGA INVERNO (grilanda decorativa).
  • Venres 16: XOGOS DE TEMPADA (xogos de inverno).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
05 Dec
0

Celebrando direitos e cumprindo deberes

Os dereitos da infancia son innatos, irrenunciables e esenciais para unha infancia plena. Os deberes dos nenos e das nenas son as regras, as leis e as normas que deben cumprir, son as súas responsabilidades. Estes dous días da próxima semana traballaremos mediante xogos e dinámicas estas dúas partes como aspectos que se complementan, actúan e traballan xuntas.

  • Luns 5: LUDOTECA PECHADA por PONTE 
  • Martes 6: LUDOTECE PECHADA. FESTIVO
  • Mércores 7: OS NOSOS DEREITOS (xogos).
  • Xoves 8: LUDOTECA PECHADA. FESTIVO
  • Venres 9: COMPLETA A FICHA (xogos).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
28 Nov
0

Rechouchios novembro e decembro

Rechouchios novembro e decembro

Neste inverno seguimos nos Rechouchíos con actividades de teatro, contacontos, cine, circo e moito música. E como nos últimos anos, temos o Espazo Nadal, que desta volta vai ser na carpa instalada ao lado do palco da música.
Abride ben as orellas e vide cantar, bailar e gozar en familia!

Cartel Rechouchios

Ler máis...
28 Nov
0

Ludoteca inclusiva

Ludoteca inclusiva.

O sábado 3 de decembro se celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, co obxectivo principal de reivindicar os seus dereitos. Na ludoteca queremos unirnos a esta reivindicación e mediante o xogo ensinaremos aos nenos e ás nenas que todas as persoas son iguais, cos mesmos dereitos e oportunidades, sexan como sexan e de onde sexan. Porque educar no respecto é crucial para fomentar valores como a diversidade e a tolerancia.

  • Luns 28: LUDOTECA PECHADA (desculpen as molestias).
  • Martes 29: PALABRAS INCLUSIVAS (mural da inclusión).
  • Mércores 30: XOGOS INCLUSIVOS (xogos).
  • Xoves 1: PASTEIS CREATIVOS (obradoiro de pastelería).
  • Venres 2: RETRATOS DIVERSOS (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Ler máis...
25 Nov
0

Subvención Liña 3. Plan Concellos 2022

Subvención Liña 3. Plan Concellos 2022

EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS.
COFINANCIAMENTO DA CONTRATACIÓN DE 24 TRABALLADORES 

A Deputación Provincial de Pontevedra, mediante acordo da súa Xunta de Goberno de data 11.02.2022, concedeu ao Concello de Moaña unha subvención por importe de 223.714,51 euros, ao abeiro da Liña 3: Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais do Plan Concellos 2022, destinada ao cofinanciamento da contratación de 24 traballadores desempregados a xornada parcial de 32,5 horas semanais, coas categorías profesionais e meses de contrato que se indican:

CATEGORIA PROFESIONALNº TRAB.Nº  MESES CONTRATO
OFICIAL ALBANEL ENTERRADOR16
PEÓN OBRA PUBLICA46
PEÓN ESPECIALISTA MEDIOAMBIENTE FORESTAL26
PEÓN MEDIOAMBIENTE-FORESTAL46
PEÓN ESPECIALISTA XARDINEIRO26
AXUDANTE XARDINEIRO36
LIMPADOR/A PARQUES26
LIMPADOR/A COLES64
TOTAIS24 

Custo total: 255.157,37 euros.
Subvención concedida: 223.714,51 euros.
Aportación municipal: 31.442,86 euros.

Ler máis...
Ir o contido