Educamos para a paz
A paz consiste en ser persoas solidarias, en non facer dano a ninguén, en tratar ben á xente… Esta pode ser unha boa definición para explicar ás crianzas que significa a palabra paz. E para conseguir este obxectivo, na ludoteca mediante xogos e dinámicas traballaremos o respecto, o amor, a valentía, a liberdade, a cooperación…
- Luns 30: UNHA AVE PARA A PAZ (animación á lectura).
- Martes 31: FRASES FAMOSAS PAR A PAZ (mural).
- Mércores 1: CONSTRUÍNDO A PAZ I (dinámica torre xigante).
- Xoves 2: CONSTRUÍNDO A PAZ II (continuación).
- Venres 3: SEMÁFORO DA PAZ (mural de palabras).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).