Reciclando botellas e envases de plástico
A reciclaxe é un proceso polo que se transforma un material de desfeito outro de utilidade.
Reutilizar é darlle unha segunda vida aos materiais ou obxectos antes de tiralos, alargando así a súa vida útil, aproveitando as súas propiedades ao máximo e reducindo, ao tempo, os residuos.
Ensinar ás nosas crianzas a reutilizar e a reciclar é fundamental para lograr un cambio mundial respecto á protección do medio ambiente e para minimizar a produción de lixo. Por iso na ludoteca imos dedicar toda a semana a aprender a reutilizar e reciclar dun xeito divertido:
- Luns 23: CABALIÑO MONICREQUE (obradoiro).
- Martes 24: PALLIÑAS VOADORAS (obradoiro).
- Mércores 25: PINGÜÍNS (obradoiro).
- Xoves 26: RÁ CON VASOS DE IOGUR (obradoiro).
- Venres 27: CASIÑAS DE PAXAROS (obradoiro).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).