Os medios de transporte

Os medios de transporte son aqueles vehículos encargados de trasladar persoas e mercancías dun lugar a outro. Comprender as distintas modalidades nas que se pode trasladar a unha persoa axudaralles ás crianzas a despertar a súa curiosidade e a desenvolver a súa propia independencia. 

  • Luns 16: TERRA, MAR E AIRE (obradoiro).
  • Martes 17: O TREN DOS XOGOS (xogo de probas).
  • Mércores 18: O AVIÓN (obradoiro).
  • Xoves 19: A AMBULANCIA (obradoiro).
  • Venres 20: O GLOBO (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).