Descubre Moaña no inverno 2023

Incluirá seis rutas que foron moi ben valoradas polos asistentes en anos anteriores.

Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña. As rutas que se levarán a cabo nesta ocasión serán A Moaña mariñeira, San Martiño, Canteiras do litoral de Moaña, Mulleres da historia de Moaña, Sendeiro da Fraga, e a A Poza da Moura de Domaio.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.