As cidades europeas

O Día de Europa é unha celebración que ten lugar o 9 de maio e grazas a el entendemos mellor que significa pertencer á cidadanía europea. Coñecer diferentes países de Europa e aprender sobre as súas cidades é fácil se o facemos xogando. E para coñecer as súas costumes, linguas, monumentos e curiosidades realizaremos obradoiros, xogos e dinámicas moi divertidas. 

  • Luns 8: PARÍS (obradoiro).
  • Martes 9: MADRID (obradoiro).
  • Mércores 10: AMSTERDAM (obradoiro).
  • Xoves 11: BERLÍN (obradoiro).
  • Venres 12: ROMA (xogo da oca temático).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).