A auga
O vindeiro 5 de xuño é o Día do Medio Ambiente, que se celebra coa intención de destacar que a protección e a saúde do medio ambiente é unha cuestión importante, que afecta ao benestar dos pobos e ao desenvolvemento económico en todo o mundo. Ante os avisos constantes da natureza de que se está a producir un evidente cambio climático, debemos adoptar un estilo de vida máis sostible e harmónico coa natureza. Un dos elementos máis importantes para a vida humana é a auga e actualmente vivimos nun momento no que destaca a súa escaseza. Comprender o ciclo da auga, os tipos de augas, para que se utiliza… pode ser moi divertido e ao mesmo tempo servir para valorar a súa importancia e tamén como coidala.
- Luns 5: MURAL ACUÁTICO (mural colectivo).
- Martes 6: OBRADOIRO: O CICLO DA AUGA (obradoiro).
- Mércores 7: EXPERIMENTOS (experimentos).
- Xoves 8: XOGOS SOBRE O MAR (xogos).
- Venres 9: OBRADOIRO: MÓBIL DE AUGA (obradoiro).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. O horario de apertura é de 16:00 a 20:00 horas.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).