17/09/2025
Despois de estar durante este días coa limpeza xeral, memoria e programación, inventario… a partir do xoves 18 de setembro, abrimos a ludoteca de novo para dar comezo ao curso escolar 2025/2026 no seu horario habitual de tarde: de 16:00 a 20:00 horas.
Seguiremos sendo un espazo educativo no que as crianzas aprenden ao mesmo tempo que xogan. O xogo permitiralles aprender e fortalecer habilidades sociais, traballar coas emocións, favorecer a comunicación e a socialización, fortalecer a autoestima e autonomía, fomentar a empatía…
Durante o trimestre realizaremos actividades diferentes e divertidas entorno ás seguintes temáticas:
SETEMBRO 2025
Do 18 ao 26: EQUINOCCIO DE OUTONO
Do 29 ao 3 de outubro: UNHA VIAXE POLO ESPAZO
OUTUBRO 2025
Do 6 ao 10: XOGANDO NA LUDO
Do 13 ao 17: PINTAMOS
Do 20 ao 24: XEOMETRÍA
Do 27 ao 31: O SAMAÍN
NOVEMBRO 2025
Do 3 ao 7: IMAXE CORPORAL
Do 12 ao 14: MÚSICA E BAILE
Do 17 ao 21: CURIOSIDADES DA INFANCIA
Do 24 ao 28: ATA CANDO?
DECEMBRO 2025
Do 1 ao 5: DIVERSIDADE EN ACCIÓN
Do 9 ao 12: VERMELLO/AMARELO/AZUL/VERDE
Do 15 ao 19: SOLSTICIO DE INVERNO
Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro: LUDONADAL
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude, que se poden solicitar na ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).